UN PARTIDO POLO PLANETA
O domingo 29 de novembro culminou a Semana Europea da Prevención de Residuos 2015 que se vén celebrando desde o sábado 21.
No CPI Aurelio Marcelino Rei García tivemos a sorte de contar co xogo xigante “Un partido polo planeta”, xestado conxuntamente pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama. O taboleiro reproduce un campo de fútbol no que os equipos avanzan cara a portería contraria co ánimo de marcar gol. Pero para iso, deben superar unha serie de probas nas que deixarán constancia da súa aprendizaxe e habilidades no referente a xestión do lixo de forma sostible.
Por último, destacar a visita durante a mañá do venres 27 do presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, Manuel Corredoira López, ao noso centro para presenciar un dos nosos partidos.
Enlace a noticia: Por unha Galicia sostible