Día Internacional da Muller. 8 de marzo.
O alumnado de primaria e infantil participou en diferentes actividades para conmemorar o Día da Muller e visibilizar este problema social.
Os maiores, 5º e 6º, realizaron uns traballos cos seus notebooks para presentar a mulleres que destacan ou destacaron nalgún deporte ao resto do centro. O resultado proxectarase durante os recreos desta semana no corredor principal do centro.
O alumnado de 4º A e B preparou unhas biografías e uns contos para mostralos nas aulas de Infantil, 1º, 2º e 3º de EP.
Este foi o resultado, se queredes ver as fotos premede nas imaxes.