Skip to Content

Ed. Primaria

Experimentos no laboratorio con 2º de Primaria

Os nenos e nenas de segundo de primaria fomos facer experimentos ao laboratorio sobre a masa, o volume, os estados da auga... todos moi interesantes!! Desta volta os/as nosos/as mestres foron os/as nosos/as compañeiros/as máis grandes da ESO que nos acercaron á ciencia dun xeito moi divertido.

Premede nestas imaxes e veredes canto nos ensinaron e canto aprendimos coa súa axuda.

                           

Excursión a Marcelle 2017

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria visitou este martes 23 de maio o Parque da Natureza de Marcelle. Os nenos e nenas tiveron ocasión de coñecer as características e hábitos de diferentes especies animais. Desfrutaron dun día ao aire libre, en plena natureza no que non faltou o compañeirismo e a felicidade.

Aquí deixamos unhas fotos que amosan os momentos vividos.

                

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 5º E 6º PRIMARIA. 2017

Os días 15 e 16 de maio o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron unha viaxe ao Campamento Fieitás (O Grove). Alí, desenrolaron unha serie de actividades dirixidas na praia da Lanzada (bodyboard, atrapa a bandeira) así coma no campamento (camiño da morte e destrución, tirolina...).

Pasárono moi ben e aquí vos deixamos unhas imaxes que o demostran.

                            

                           

*Redactoras/es e editoras/es desta noticia: Diana, Carla, Isabel, Laura, Lucía, Marta, Paula, Jorge, Noelia e Valentina (6ºA)

SAÍDA AO GROVE 1º CICLO EP

O alumnado de 1º e 2º de primaria fomos de excursión de fin de curso ao Grove. Primeiramente visitamos o acuario, onde puidemos ver e coñecer máis sobre as distintas especies das augas frías, cálidas e doces. Despois leváronnos de paseo no turitren polo pobo, cruzando tamén a ponte que nos levaba á illa da Toxa. Por último subimos no catamarán que nos levou pola ría ata unha batea, onde puidemos ver tres tipos de cultivos mariños e dar de comer ás gaivotas. Pasámolo moi ben!

Premede na imaxe ou visitade a nosa galería de fotos para ver as cousas que fixemos.

                    

A viaxe de Rosalía. Teatro de monicreques para 1º e 2º ciclo de Primaria

O alumnado do primeiro e segundo ciclo de Educación Primaria fixo unha viaxe máxica coa súa imaxinación da man da pequecha Rosalía que nos contou unha manchea de historias. Grazas ao departamento de Servizos Sociais do Concello que nos brindou a oportunidade de viaxar con Rosalía e coñecer as súas aventuras.

Coma sempre premede na imaxe ou visitade a nosa galería de imaxes para ver un pouquiño do que viviron os/as nosos/as cativos/as.

                            

EXITOS DAS NOSAS RAPARIGAS NO XOGADE PROVINCIAL

Esta pasada fin de semana as raparigas do noso centro SARA RAMOS, CINTIA LOURIDO e ZAIRA FOLLA fixeron triplete no km marcha do Campionato Provincial do Xogade Escolar/Federado acadando os tres primeiros postos; tamén acadaron moi bos resultados CARME VALCARCEL e ALDARA PEREIRA en salto de altura e lonxitude. 

                                             

Moitos parabens a todas!!!!

Visita ao Balneario de Cuntis.5º e 6º de Primaria

Na maña do venres 5 de maio alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha visita guiada ao balneario Termas de Cuntis. Percorreron as súas instalacións e comprobaron a multitude de tratamentos e de terapias que se ofertan aos clientes. Finalmente disfrutaron dun relaxante baño no Acuaforum.
Dende o centro queremos agradecer á dirección do balneario a súa invitación para que isto fose posible. E coma sempre premede na imaxe para ver unhas fotos que sacamos.

                                                     

Obradoiro dos Maios 2017.

O alumnado de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de Primaria participou dun obradoiro de creación de Maios e bailes típicos coa colaboración dunhas monitoras que achegaron esta tradición aos nosos rapaces e rapazas. Dividos en dous grupos por cada sesión coñeceron as carácterísticas desta festa, como se leva a cabo, como se elaboran os Maios e fixeron un; seguidamente pasaron polo salón de usos múltiples e aprenderon varias cancións e bailes tradicionais guiados/as polas monitoras e a música que traían.

Coma sempre podedes ver unhas fotos premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

           

Saída a Pontevedra. Teatro Fetén, Fetén.

O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu o xoves aLa maravillosa historia del violín trompeta” de Fetén Fetén no auditorio Afundación de Pontevedra. Neste espectáculo recórrense as diferentes culturas e ritmos da música popular europea do s.XX, pero ademais, pódense ver como vasoiras, serras, utensilios de cociña, cartóns de leite... se convirten en instrumentos musicais.

Despois do teatro, visitamos a exposición fotográfica «Oficios entre lusco e fusco» no Café Moderno. O obxectivo desta mostra é reflexionar sobre a desaparición de moitos oficios pola mecanización do traballo e a produción en masa. Tamén realizamos un obradoiro de tipografía.

Premede na imaxe e poderedes ver algunhas fotos da saída.

                                

Felices Pascuas California

O noso alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria está facendo unha actividade nas aulas de língua inglesa de intercambio de correspondencia cun grupo de rapaces e rapazas dun centro de California, Estados Unidos.
Motivados/as polas cartas que recibiron dos seus amigos/as americanos/as decidiron escribirlles outras para os raparigos e raparigas da alá. Ademáis, coa axuda da teacher Ana e da nosa auxiliar de conversa Celina, tamén se animaron a facerlles uns vídeos desexándolles unha Boa Pascua.
 
No seguinte enlace podedes ver as fotos e vídeos: https://youtu.be/xGl7A7-HtFY
Distribuir contido


by Dr. Radut