Skip to Content

Ed. Primaria

Os cativos de Cuntis mariscando na Illa de Arousa

Este xoves 13 de outubro o alumnado de terceiro de primaria realizou unha saída á Illa de Arousa dentro do marco das actividades do programa Aliméntate Ben que forman parte dos Plan Proxecta. A visita consistiu na baixada á praia para conversar e ver como traballaban as mariscadoras, nunha visita á lonxa para coñecer de primeira man os productos do mar que se venden e mercan e unha degustación deses productos mariñeiros que vimos como se recolleran nas praias pola mañá.

As mestras que acompañaron a estes cativos/as nesta aventura mariñeira sacaron unhas fotos para deixar constancia do moito que aprenderon e do moito que se divertiron; podedes velas visitando a nosa galería de fotos ou premendo dunha destas imaxes.

          

Manzaneda 2016

O alumnado de quinto e sexto de primaria ven de realizar a súa viaxe de fin de etapa este seis, sete e oito de xuño. Un ano mais foron compartir experiencias, xogos e aventuras á Estación de Montaña de Manzaneda, en Ourense. Primeiro visitaron o casco histórico de Ourense e os baños de Outariz, e na viaxe de volta aproveitaron para visitar o Castelo de Castro Caldelas. Os mestres que os acompañaron tiraron moitas fotos que coma sempre podedes ver na nosa galería de imaxes ou premendo en calquera destas que puxemos de mostra.

           

 

Visitando Castrolandín

A rapazada de 3º e 4º de Primaria fixeron unha saida e visitaron Castrolandín este xoves 2 de xuño, estiveron acompañados das súas mestras e de Sandra da Fundación Terratermarum que lles contou moitas cousas deste noso monumento arqueolóxico e dos preciosos arredores que o acompañan. 

Aprenderon moito e ademáis pasárono moi ben, visitade a nosa galeria de imaxes e poderedes facervos unha pequena idea. 

                                           

Iniciándonos no Piragüismo

Este xoves 26 de maio o alumnado de sexto de primaria participou nunha actividade de iniciación ao piragüismo nas augas do río Ulla. Podedes botar un ollo ás fotos que sacamos para facervos unha idea do ben que o pasaron e de canto aprenderon, coma sempre visitando a nosa galeria de imaxes ou premendo nestas fotos.

                               

Programa de RCP na aula

O alumnado de secundaria do CPI Aurelio Marcelino Rey García estivo aprendendo nas sesións de educación física os protocolos de actuación da cadena de supervivencia dentro do programa de RCP na aula.
Neste video explicannos a súa experiencia cos contidos de soporte vital básico e como foron capaces de trasmitir os seus coñecementos ao alumnado de 5º e 6º de primaria.
 
 
 

Casa do Patrón

O martes 3 de maio, os alumn@s de 3º e 4º de primaria visitaron a Casa do Patrón en Lalín.

Alí, recorreron o seu gran museo etnográfico onde viron, entre outras moitas cousas, utensilios e ferramentas que se usaban antigamente en diferentes oficios (algúns xa olvidados), unhas antigas escolas, unha taberna, un forno, unha forxa tradicional...

Pero ademais da visita ao museo, os nen@s tamén puideron comprobar eles mesmos como se fan os queixos e os cestos de forma artesá nos obradoiros de queixería e cestería.

 

Museo etnográfico                 Queixería                                       

 

  Cestería                               Descansos

  

Obradoiro de Maxia

Este pasado venres 29 de abril o alumnado de sexto de primaria fixo unha exhibición de Maxia para os seus compañeiros e compañeiras de primaria. Despois de participar nun obradoiro de maxia co Mago Cali durante dous trimestres por fin chegou o momento de por en práctica e visibilizar todo o aprendido. 

Premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos e veredes canto traballaron, canto aprenderon e como disfrutaron desta experiencia.

                            

Día da Terra

 

 Escoita atentamente estos poemas e non esperes máis, axúdanos a coidar do planeta.

 

 

Bandanza

Bandanza?? Que é Bandanza?? Se llo preguntades aos alumnos/as de 3º e 4º de primaria diranvos que esa palabra nace da mestura entre a música da Banda Municipal de Santiago e os bailes de salón.
 
 
A pesar de non acompañarnos o bo tempo, ao saír do auditorio de Galicia, visitamos brevemente a catedral de Santiago de Compostela; ata entramos pola Porta Santa.
 

Concurso de Doazón e Transplantes 2016

 Un ano máis o noso centro participará no concurso de Doazón e Transplantes 2016 co alumnado de quinto de primaria. Este traballo dos nosos/as rapaces e rapazas desenvólvese dentro do marco dun dos doce proxectos dos Plans Proxecta de Innovación educativa da Xunta de Galicia nos que participa o noso centro, o proxecto "SALVAVIDAS" da Consellaría de Sanidade.

Podedes albiscar un chisquiño do traballo de concienciación e sensibilización que están recibindo os nosos/as alumnos/as visitando a nosa galería de fotos ou premendo en calquera destas imaxes.

            

Distribuir contido


by Dr. Radut