Skip to Content

Ed. Primaria

"Piggy Book" ou o noso "Libro dos Porcos"

O alumnado de 3º de Educación Primaria traballou valores a través dun conto polo Día Internacional da Muller. Despois os/as alumnos/as elaboraron e leron para os/as pequechos/as de Educación Infantil o seu propio conto bilingüe "Piggy Book", "O libro dos Porcos". 

Premede nesta imaxe para ver o vídeo-conto que fixemos o alumnado da Sección Bilingüe de 3º de Primaria do noso centro e algunhas fotos que sacamos.  

                 

                                VIDEO-CONTO                                                   FOTOS

Día Mundial da Saúde no CPI de Cuntis

O alumnado de segundo curso de primaria ven de participar nun concurso de Debuxos Saudables organizado pola Concellería de Igualdade e Benestar Social do Concello de Cuntis ao abeiro do DÍA MUNDIAL DA SAUDE celebrado o 7 de abril. O debuxo gañador resultou ser o de Irene Janire Blanco Villanueva de 2ºB co que o concello fará un díptico informativo do Día Mundial da Saúde.

Velaquí tendes a imaxe do debuxo gañador no que podedes premer para ver algunhas fotos do acto de entrega duns agasallos aos/as alumnos/as participantes no concurso por parte de Julia, a Técnica de Prevención do Concello. 

                                             

Visitamos os Museos de A Coruña

O martes 28 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria viaxou A Coruña para visitar os diferentes museos científicos da cidade. Comezaron cunha visita guiada ao Acuario Finisterraea carón do histórico faro da Torre de Hércules. A continuación experimentaron co corpo humano na Domus, onde asistiron ao visionado dun documental de ciencias naturais en 3D titulado "Pequenos xigantes". E despois de comer trasladáronse á Casa das Ciencias para probar os seus módulos interactivos relacionados coa física e viaxar polo espacio e o tempo no seu planetario. 

A viaxe foi moi intensa, ollade que ben o pasaron e canto aprenderon premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

    

Obradoiro de Percusión Odaiko en Santiago

O alumnaDo de quinto e sexto de primaria asistiu a semana pasada a un obradoiro de percusión no Auditorio de Santiago de Compostela baixo o título "Odaiko Percusión". Despois aproveitaron a viaxe para dar unha volta e coñecer de perto a Cidade da Cultura cunha visita guiada por monitores que lles amosaron os rincóns máis bonitos.

Coma sempre, botádelle unha ollada ás fotos que sacaron os/as mestres/as que os/as acompañaron premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotografías.

        

Bailando con "Pesdelán" e visitando a Cidade da Cultura

Hoxe, mércores 22 de febreiro, os cativos e cativas de 3° e 4° de Educación Primaria asistimos ao concerto de "Pesdelán" no que cantamos,  bailamos e o pasamos moi ben. Presentaban o seu novo traballo Entroidanzas no que fan un percorrido polos Entroidos de diferentes lugares do mundo. A continuación trasladámonos á Cidade da Cultura e fixemos unha visita guiada pola sua arquitectura.

Se queredes ver que ben o pasamos premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos.

        

Charla- Obradoiro Etiquetado dos Productos de Entroido

Este martes 21 de febreiro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a unhas Charlas-Obradoiro sobre O Etiquetado dos Productos do Entroido que viñeron impartir técnicos da Escola Galega de Consumo. 

Todos/as quedaron moi impresionados/as coa cantidade de desperdicios diarios que ocasionamos e aprenderon moitas cousas sobre a etiquetaxe dos productos que nos venden e as estratexias que nos fan consumir de xeito desmedido.

Premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver o moito que se divertiron e aprenderon.

         

Teatro en Língua Inglesa en Pontevedra

Este venres 27 de xaneiro o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria fixo unha saída a Pontevedra para participar dunha obra de teatro en língua inglesa titulada "Freaky"; ademáis tamén aproveitaron a viaxe para facer un percorrido guiado polas instalacións máis significativas do Museo de Pontevedra onde coñeceron polo miúdo moitos dos segredos e encantos que agocha este lugar.

Coma sempre podedes visitar a nosa galeria de imaxes ou premer nestas imaxes para ver algunha das fotografías que fixeron.

          

Un partido polo planeta. O Xogo xigante de Sogama.

Dende o 19 de xaneiro até o 1 de febreiro o alumnado de educación primaria poderá desfrutar do Xogo Xigante de Sogama "Un partido polo planeta" que nos cederon ao centro pola participación no Programa Recíclate con Sogama pertencente aos Plans Proxecta nos que está a traballar unha grande parte do profesorado. 

Velaquí unhas fotos do traballo dos/as rapaces e rapazas de primaria.

         

VISITA A SOGAMA E A CIDADE DA CULTURA

Os alumn@s de 5º de primaria visitaron o martes 17 de xaneiro as instalacións de SOGAMA, a sociedade galega do medio ambiente en Cerceda, complexo ao que chega o lixo dos contedores amarelos e dos orgánicos de case toda Galicia. Pero alí non reciclan senón que separan os diferentes tipos de envases, latas e bricks e outras empresas reutilízanos para crear novos obxectos. Sabíades que con plástico reciclado pódese facer roupa?? O lixo orgánico, en cambio, queímano para producir enerxía e transformala en electricidade.

A saída non rematou aí xa que despois de comer visitamos a CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela onde fixemos un percorrido pola exposición dedicada a Camilo José Cela, o gran escritor galego gañador do premio Nobel de literatura que no 2016 cumplíronse 100 anos do seu nacemento. Ademais da exposición, puxémonos na pel dun escritor a través do obradoiro "Cóntame un conto".

              

Día Universal dos Dereitos da Infancia no CPI de Cuntis.2016

Este ano o alumnado de primaria do noso colexio celebrou dun xeito moi especial o Día dos Dereitos da Infancia. Primeiro traballaron nas aulas durante toda a semana sobre contos e materiais relacionados cos dereitos da infancia, despois fixeron un pasaporte de acollida dun compañeiro/a e con este "pasaporte solidario" tiñan acceso á actividade final desta semana de traballo, o grande concerto do poeta e cantautor cuntiense Manoele de Felisa coa colaboración da nosa mestra de sexto de primaria Conchi Martínez.

Todo este traballo está enmarcado dentro dos Plans Proxecta nos que participa o noso centro e foi posto en marcha dende a Comisión de Convivencia co alumnado de primaria. Aquí podedes ver unhas fotos do concerto premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

          

Distribuir contido


by Dr. Radut