LISTADO PROVISIONAL DE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR 2013-2014
Enviado por admin o Lun, 09/09/2013 - 12:29O Consello escolar en sesión ordinaria o día 9 de setembro, aproba a lista de usuarios de comedor que presentamos no arquivo adxunto:
NOVA OFERTA EDUCATIVA NO CENTRO
Enviado por admin o Xov, 05/09/2013 - 18:44No presente curso académico 2013-2014 o noso centro realizará unha nova oferta educativa:
- Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI), modalidade C mixta en colaboración cos centros educativos da comarca de Ferrolterra: IES Canido, IES Catabois, IES Ferrol Vello de Ferrol, IES de Fene, CPI do Feal de Narón e IES Fernando Esquío, coas Consellería de Educación e a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, e cos Concellos de Ares, Ferrol, Fene, Narón e Neda, ademais de moitas empresas e entidades colaboradoras.
- No noso centro impartirase o PCPI de" Asistencia en Actividades e Instalacións Deportivas"
- É unha alternativa formativa para rapaces e rapazas maiores de 16 anos encamiñadas á aprendizaxe básica dun oficio e á procura de emprego.
- O prazo de solicitude e entrega de documentación realizarase dende o 2 ao 16 de setembro nas oficiñas administrativas do noso centro.
Para máis información visitade a páxina web dos PCPI da Comarca de ferrolterra :
http://www.edu.xunta.gal/centros/pcpicomarcaferrolterra/
APERTURA CURSO ESCOLAR 2013-2014
Enviado por admin o Xov, 05/09/2013 - 11:15APERTURA CURSO 2013-2014 |
|
|
|
|
|
EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 5º E 6º DE PRIMARIA Á GRANXA-ESCOLA "MARCELLE"
Enviado por admin o Xov, 22/08/2013 - 18:54O alumnado de 5º e 6º de Primaria participaron nunha excursión fin de curso á granxa-escola "MARCELLE" onde disfrutaron dunha marabillosa visita, como podedes ver na seguinte presentación:
INFORMACIÓN RELATIVA AO CURSO 2013-2014
Enviado por admin o Xov, 22/08/2013 - 17:06
A Direción do CPI Conde de Fenosa informa das novas normas cara o curso 2013-2014.
- Calendario escolar 2013-2014:
No noso centro está previsto o inicio do curso escolar nas seguintes datas pendentes de confirmación da hora.
-
- En infantil e primaria, o día 11 de setembro realizarase a presetación (haberá transporte e non comedor).
- En secundaria, o día 16 de setembro (haberá transporte e comedor )
- Comedor escolar 2013-2014:
- http://www.edu.xunta.es/web/node/10310 (decreto que regula o servizo de comedor escolar 2013-2014).
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO 2013
Enviado por admin o Mér, 10/07/2013 - 12:05
EXAMES DE ESO - SETEMBRO 2013 |
||||||||||||||
2 SETEMBRO |
||||||||||||||
|
||||||||||||||
|
||||||||||||||
3 SETEMBRO |
||||||||||||||
|
||||||||||||||
|
||||||||||||||
4 SETEMBRO |
||||||||||||||
|
||||||||||||||
|
6 SETEMBRO: - ÁS 11:00 H. ENTREGA DE NOTAS
Revistas Escolares
Enviado por admin o Lun, 01/07/2013 - 11:21REVISTA ESCOLAR 2015
REVISTA ESCOLAR XUÑO 2014
REVISTA ESCOLAR XUÑO 2013
REVISTA ESCOLAR XUÑO 2012
Premio Canguro Matemático
O alumno José Manuel Montero Martínez foi o gañador do centro no XX CONCURSO MATEMÁTICO EUROPEO 2013 que tivo lugar o 21 de marzo de 2013.
No concurso participaron 25 alumnos e alumnas do noso centro e de diferentes niveis, repostando a preguntas e problemas en orden crecente de dificultade.
Os nosos parabéns a José Manuel e a todos e todas as que participaron.
¡Ánimo e esperámosvos o ano que ven!
XX CONCURSO MATEMÁTICO EUROPEO 2013
Enviado por admin o Mar, 25/06/2013 - 20:06O alumno, José Manuel Montero Martínez foi o gañador do centro no XX CONCUSO MATEMÄTICO EUROPEO 2013 que tivo lugar o pasado día 21 de marzo de2013.
No Concurso participaron 25 alumnos e alumnas do noso centro e de diferentes niveis, repostando a preguntas e problemas en orden crecente de dificultade.
Noraboa a José Manuel e a todas e todos os que participaron.
¡Ánimo e esperámosvos o vindeiro curso escolar!.
BOAS VACACIÓNS
Enviado por admin o Sáb, 22/06/2013 - 20:13A Dirección do CPI Conde de Fenosa desexa a toda a comunidade educativa unhas Boas e felices vacacións, ben merecidas tanto por parte do profesorado como do excelente alumnado que temos.
Neste final de curso que colleunos, case, por sorpresa debido á multitude de traballos, proxectos nos que participamos, tiñamos pensado facer una acto para todo o centro, pero o mal tempo, a falta dun espazo tan desexado, onde poder amosar todas as actividades que se está realizando (URXE a AMPLIACIÓN DO CENTRO) supuxo un impedimento, nembargantes, realizáronse diferentes actividades: teatro, actuacións musicais, diferentes exposicións, demostración de traballos dos maiores cara os máis pequenos e viceversa, entrega de orlas da Promoción 2013, participando activamente todo o alumnado do centro. (Remito a información do blog de Dinamización Lingüística, da Biblioteca do noso centro e os blogs dos diferentes ciclos/departamentos...)
- Pasamos uns días e, en xeral este curso, inesquecibles.
- Despedimos ao alumnado de 4º ESO ao que lle queremos adicar nosos parabéns polo grande éxito académico acadado e a súa participación tan activa nos diferentes proxectos, actividades propostas... Desexámoslles o mellor para a seguinte etapa que comezan.
- Agradecer, como non, a todo o profesorado e alumnado participante nos diferentes proxectos, traballos,...realizados ao longo do curso escolar, dos que moitos tiveron premios: de lectura, relatos, matemáticos, preguntón..., (acabamos de enterarnos do 2º Premio a nivel de Galicia do Proxecto Meteoescolas no que participou a maioría do alumnado e profesorado dende Infantil ata Secundaria, e coa colaboración do Concello, Centro de saúde, Biblioteca de Ares na publicación da información metereolóxica. Os NOSOS PARABÉNS!!! ), e outros tantos, que aínda que non obtiveran esos galardóns tan apreciados, non son de menosprezar.
Por todo isto, BO DESCANSO; GOZADE O VERÁN E VÉMONOS, CON RENOVADAS ENERXÍAS, EN SETEMBRO.
Déixovos os emotivos vídeos da despedida do alumnado de 4º ESO, realizados pola profesora Yolanda Castro:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »