22 de marzo: "Día Mundial do Control da Calidade da Auga"

O Día 22 de marzo celébrase o "Día Mundial do Control da Calidade da Auga". O curso pasado 20 alumnos de 3º ESO participaron co profesor de física e química, Jorge Gutierrez Maroto.

A información da memoria de actividades realizadas no 2012 pódense visualizar no seguinte enlace:

 

http://www.dmcca.es/documentum/publicaciones/MEMORIA2012.pdf

O mapa de participantes no 2012 tamén pódese visualizar no seguinte enlace (picade na Coruña e aparece unha ventá do control da auga de Fontelide):

 

http://dmcca.es/mapa2012grande.html

 

 

O vindeiro 22 de marzo tamén vai participar ó alumnado de 4º de ESo co profesor de física e química.

 

Bo traballo.

FESTA DO ENTROIDO 2013

O pasado 8 de febreiro tivo lugar a celebración do Entroido e como sempre contamos coa colaboración da ANPA e do Concello. Dende aquí agradecerches a súa desinteresada participación.

 

ENTREGA DE PREMIOS "II SEMANA PROBLEMÁTICA"

O Departamento de Matemáticas realiza a entrega dos premios do concurso " II Semana Problemática" hoxe 15 de febreiro no 2º recreo da ESO.

Agradecer a participación do alumnado que traballou e esforzouse na resolución de cada problema exposto cada día nos seus taboleiros.

Ánimo e a seguir participando.

DEBATE DO PARLAMENTO XOVE- EDICIÓN 2013

 

Hoxe 15 de febreiro, dan inicio, no Pazo de Mariñán en Bergondo, os debates do Parlamento Xove 2013 que continuarán ata mañá, 16 de febreiro, logo dunha extensa etapa de formación iniciada o pasado outubro.

Trátase dunha competición de debate organizada pola Dirección Xeral da Xuventude e do Voluntariado, na que os equipos representantes de centros educativos de toda Galicia empregan a oratoria para defender un determinado posicionamento acerca dun tema proposto pola organización.

Este ano, a temática elixida é “o consumo responsable” na xuventude e os debates preliminares xirarán en torno á seguinte pregunta: “ESTÁ A SERVIR A CRISE ECONÓMICA GLOBAL PARA QUE A XUVENTUDE TOME CONCIENCIA DUN CONSUMO RESPONSABLE?”.

A dificultade da actividade está en que tan só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se dá a coñecer se lles corresponde responder “a favor” ou “en contra” á cuestión formulada pola organización.

Tódolos equipos (formados por un máximo de catro alumnos e un profesor) investigaron durante os pasados meses e agora contrapoñen as súas ideas e datos; dende un punto de vista educativo, traballan tódalas competencias lingüisticas (comprensión e expresión escrita e oral) ao incluirse un premio especial de artigos e outro de dossieres de investigación.

Noso centro estará representado por un grupo de 4 alumnos: Roberto Rivas Couce, Marina García Canedo e Laura Ordóñez López de 4º ESO con Clara Morado Morgado de 3º ESO coordinados polo profesor Xoan Barrio Saa de L. Galega.

Desexámoslles un grande éxito e nosos parabéns polo traballo xa realizado. Adxuntamos fotografía de 3 dos 5 participantes.

 

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

A derradeira semana de xaneiro, celebrouse no noso centro o Día da Paz e da non violencia, realizándose varias actividades entre as que queremos destacar:

  • A lectura dun conto por parte de todos os alumnos de 6º de E.P." A pomba dona Paz" .Información que pode visualizarse no blog da nosa Biblioteca: http://carabeladeares.blogspot.com.es/
  • Un conto que os rapaces e rapazas de 2º ESO B xunto cos de 4º ESO de plástica e música, lles contaron aos pequerrechos de infantil. O nacemento do dragón”. Información que pode visualizarse no blog de Dinamización Lingüística: http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/

    Agradecer o traballo do profesorado e do alumnado que sempre está disposto a colaborar activamente na realiización das actividades propostas.

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

 

O vindeiro venres, 8 de febreiro, celebraremos no CPI a festa do Entroido .

 

  • En INFANTIL E PRIMARIA

A festa comezará cun pasarrúas pola vila.

Saíremos do colexio aproximadamente ás 10:30h. continuando por:

  • Avenida de Mugardos

  • Real

  • Praza da igrexa

  • Saavedra Meneses.

    A continuación os nenos/as de Infantil regresarán ao colexio e os de Primaria continuarán polas rúas.

    No caso de que chovera suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile faríase na pista do colexio (11:00h) ao que poderían asistir as familias.

    As 12:15h., xa no colexio, os nenos/as degustarán doces típicos do Entroido grazas a ANPA e ao colexio. Todos os alumnos/as recibirán un paquete de caramelos doados polo Concello.

 

  • En SECUNDARIA

    Haberá clase ata as 11:00h. e a continuación disfrazaranse.

    Ás 11:15h. irán cara o pavillón para realizar as Coreografías.

 

  • SAÍDA

A saída será á 13:30h. (ás 13:25h en infantil). Non haberá comedor.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2013/2014

 

 

 

 

A Dirección do CPI Conde de Fenosa, adxunta o enderezo da Consellería de Educación onde podedes consultar o regulamento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2013-2104.

http://www.edu.xunta.es/web/node/8858

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2013/2014
Publicación das vacantes 4 de Abril                     
Presentación Solicitude de admisión

Do 5 ao 17 de Abril      

Presentación da documentación xustificativa Do 22 abril ao 3 de maio
Publicación listaxes provisionais de admitidos e non admitidos Antes do 10 de maio
Publicación listaxes definitivas Antes do 31 de maio
Formalización matrícula EI e EP Do 20 ao 30 de xuño
Formalización matrícula na ESO Do 25 ao 10 de xullo
Prazo extraordinario matrícula ESO Do 1 ao 10 de setembro

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN

  • A solicitude (a disposición no centro ou no enderezo anterior da páxina da consellería), deberá ser asinada pola, nai, pai ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, polos 2 proxenitores, agás que teña un só a patria potestad con carácter exclusivo mediante resolución xudicial e entregada no centro xunto coa seguinte documentación no prazo establecido.
  • A documentación requirida é:
  • Volante ou certificado de empadroamento do Concello.
  • Fotocopia dos DNIs do alumno (se o ten), da nai, pai (ou titores legais).
  • Fotocopia de todas as follas do libro de familia onde conste algunha inscrición.
  • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social.
  • Dúas fotografías de tamaño carné.
  • En caso de separación ou divorcio dos proxenitores, sentenza ou convenio regulador,
  • En caso de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou trastornos graves de conduta, documentación das cirscunstancias alegadadas.
  • En caso de traslado de centro, certificación de matrícula no centro anterior.
  • NOTA: Se nalgún nivel houbese máis solicitudes que prazas ofertadas, reclamarase aos solicitantes a documentación necesaria para baremar as solicitudes.

 

VACANTES PARA O CURSO 2013-2014

 

 

Ensino

Nivel

Vacantes

Reservas

Vacantes resultantes

Infantil

44+6 NNEE

0

44 + 6NNEE

Infantil

50

32

18

Infantil

50

38

12

Primaria

44+6NNEE

38

6 + 6NNEE

Primaria

50

28

22

Primaria

50

36

14

Primaria

50

40

10

Primaria

50

32

18

Primaria

50

49

1

Secundaria

54+6NNEE

31

23 + 6NNEE

Secundaria

60

30

30

Secundaria

60

32

28

Secundaria

60

39

21

VIDEOCONFERENCIA COA ANTÁRTIDA

O pasado día 18 de xaneiro tivo lugar no noso centro unha videoconferencia coa Antártida co alumnado de 6ª E.P. e 1º e 2º ESO. Esta videoconferencia é a segunda que ten lugar no noso centro (a primeira  o pasado curso ) cuxo obxectivo e dar a coñecer ao noso alumnado o Proxecto Actiquim sobre investigacións científicas dos ecosistemas mariños do continente antártico, exactamente na base española da Illa Decepción onde atópase un investigador de Ares, Francisco Javier Cristobo Rodríguez (Director do Centro Oceanográfico de Gijón) ao que queremos transmitirlle o noso agradecemento pola súa consideración e mostra de amabilidade así como a súa información do proxecto. Tamén queremos agradecer ao persoal do Exército de Terra da Base Antártica Española "Gabriel del Castillo"que colaborou de forma desinteresada para que esta videoconferencia tivera lugar.

O noso alumnado recibiu previamente esa información, preparada pola nosa profesora Yolanda Castro, o profesorado de ciencias naturais, titores de grupo e, prácticamente toda a hora, estiveron facendo preguntas aos científicos e así desde a  base só adicáronse a contestalas, por certo, moi ben e con moita empatía cara aos rapaces.

 

PODEDES VISUALIZAR TODA A VIDEOCONFERENCIA NA PÁXINA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA:

http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/

GAÑADOR DO PROXECTO DE CENTRO ORGANIZADO POR EDUCABARRIÉ

A Dirección do CPI Conde de Fenosa, felicita ao profesorado implicado na presentación do  proxecto :  " Elaboración na ESO dunha guía visual bilingüe do medio intermareal e fluvial con aplicación para dispositivos móbiles: tablets e smartphones" (Jorge Gutierrez Maroto, Luisa Corredoira Gómez e Pilar Molina); que resultou seleccionado por EducaBarrié na convocatoria de proxectos educativos 2012-2013 . 

O obxectivo deste proxecto é promover a investigación directa da natureza que nos rodea e o emprego de novas tecnoloxías no alumnado da ESO dende as áreas de física e química, ciencias da natureza, lingua galega e lingua inglesa, para así elaborar unha guía visual, impresa en papel  que recollerá a información do medio ambiente da contorna do noso centro, e poderase trasladar toda a información a través de dispositivos móbiles (smartphones, tablets e portátiles..) grazas ás aplicacións de lectores QR.

Educabarrié é o espazo de encontro e intercambio de coñecemento dirixido á Comunidade Educativa da Fundación Barrié.

Este proxecto de centro  levarase a cabo durante este curso escolar  grazas a subvención de Educabarrié .

Máis información na web: www.educabarrie.org

ÁNIMO e grazas polo voso traballo e esforzo.

CONCURSO "II SEMANA PROBLEMÁTICA"

O Departamento de Matemáticas organiza o Concurso "II SEMANA PROBLEMÁTICA" para todo o alumnado de ESO, dende o 28 de xaneiro ata o 1 de febreiro.

Como no pasado curso escolar o concurso consiste:

  • Resolver un problema matemático cada día, que aparecerán no taboeiro das aulas do alumnado a 1ª hora da mañá e deberán resolvelo na mesma mañá depositando o resultado na urna que estará na Entrada do centro.
  • Depositareis co resultado o Título do problema, o nome e apelidosm curso e grupo do alumno.
  • Só a resposta do problema dese día.
  • As solucións aos problemas publicaranse ao día seguinte.
  • Os premios : Cada día haberá un premio para o gañador/a e o seu nome será publicado á semana seguinte dsa finalización do concurso. Se hai más dun gañador sortearase o premio entre eles.

 

ANÍMATE E PARTICIPA

Distribuir contido