DEBATES no CPI Conde de Fenosa
Enviado por admin o Mar, 18/06/2013 - 13:04No presente curso académico por iniciativa do profesor, Xoan Barrio, tivo lugar un novo proxecto que comezou coa participación nos Debates do Parlamento Xove dun grupo de alumnos de 3º e 4º de ESO, e continuáronse realizando nas horas de titoría baixo o lema: "O uso das novas tecnoloxías".
LIBROS DE TEXTO 2013-2014
Enviado por admin o Mar, 18/06/2013 - 11:08A Dirección adxunta o listado dos libros de texto aprobados polo claustro de profesorado que se van a empregar no curso escolar 2013-2014.
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2013-2014
Enviado por admin o Xov, 13/06/2013 - 19:35PROCEDEMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2013 - 2014
A matrícula do alumnado para o curso 2013-2014 no CPI Conde de Fenosa de Ares realizarase segundo as aseguintes indicacións.
- EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA.
- Só realizarase a matrícula ao alumnado de novo ingreso.
- O prazo será dende o 20 ao 30 de xuño.
- A documentación: Sobre de matrícula que deberá recollerse no centro.
- EDUCACIÓN SECUNDARIA
- Só se matriculará o alumnado que promocione en xuño.
- O prazo será dende o 25 de xuño ata o 10 de xullo.
- A documentación:
- Sobre de matrícula (recoller no centro).
- Unha fotografía tamaño carnet co nome e apelidos por detrás.
- Para o alumado de 3º e 4º de ESO, copia do ingreso na conta de Nova Galicia Banco nº 2080-5609-92-3040000849 de 1,12 euros (seguro escolar).
A hora de atención ao público nas oficinas do centro será de 9:30 a 13:00h.
Haberá que realizar a Solicitude de comedor escolar e autorizacións excepcionais para a utilización do transporte pero está pendente das novas instruccións sobre o comedor escolar.
En canto as recibamos as publicaremos.
Maqueta Península de Bezoucos
Enviado por danielcabal o Mar, 11/06/2013 - 10:43Samuel, Cristian, Silvia, Juan Carlos, Andrea e Laura, alumnos de 4º, construíron unha maqueta a escala da Península de Bezoucos delimitada polas rías de Ferrol e Ares. Na maqueta quedan representados lugares tan característicos como as praias de Chanteiro, Estacas. Ares ou Seselle, Montefaro o Castelo da Palma ou Monte da Bailadora a uns 206 metros sobre o nivel do mar.
Listado provisional das Axudas inmersión lingüística
Enviado por blancacortizas o Ven, 07/06/2013 - 16:32Publicación das listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes correspondentes ás solicitudes de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013.Directamente no seguinte enlace:https://www.edu.xunta.es/axudasle/
PRESENTADO O PROXECTO EN EDUCABARRIÉ
Enviado por admin o Lun, 03/06/2013 - 10:02O pasado día 31 de maio, o profesorado implicado no proxecto de innovación educativa subvencionado pola Fundaciön Barrié, "ELABORACIÓN NA ESO DUNHA GUÍA VISUAL BILINGÜE DUN MEDIO INTERMAREAL E FLUVIAL CON APLICACIÓN PARA DISPOSITIVOS MÓBILES: TABLETS E SMARTPHONES" JORGE GUTIERREZ MAROTO, LUISA CORREDOIRA GÓMEZ, XACOBO DE TORO CACHARRÓN, SANDRA MANEIRO ESTÉBANEZ E PILAR MOLINA OSA presentaron o seu proxecto na sala da Fundación Barrié da Coruña.
O proxecto tivo unha grande aceptación e seguirán desenvolvéndoo no vindeiro curso escolar.
Dende a Dirección os nosos parabéns tanto ao profesorado como ao alumnado.
Podedes ver a información do proxecto nos seguintes enlaces:
e
Gratuidade solidaria: Curso 2013/2014 PARA LIBROS E MATERIAIS ESCOLARES
Enviado por admin o Ven, 31/05/2013 - 13:46Saiu a orde que convoca axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.
Lugar de presentación:
As solicitudes, segundo o anexo I á orde de convocatoria, entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de instancias será o seguinte:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo será de un mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2014.
Documentación:
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2011, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2011:
- Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
- Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
- Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.
O alumnado de educación especial unicamente deberá presentar a solicitude de axuda, non sendo necesario xuntar documentación algunha.O alumnado cunha minusvalidez igual ou superior ao 65%, só ten que presentar a certificación emitida polo órgano competente do grao de minusvalidez, xunto coa solicitude da axuda.
Os menores que se atopen en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin do nivel de renda.
3. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
PODEDES DECARGAR O IMPRESO DE SOLICITUDE NO SEGUINTE ENLACE:
Para máis información:
- No propio centro
- Na páxina da Consellería, no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria
VISITA DE ANXO MOURE. CONTACONTOS
Enviado por admin o Lun, 27/05/2013 - 12:59O 14 de maio visitounos Anxo Moure, contacontos e defensor do medioambiente. Amosounos cos seus contos solidarios a aprender a amar e coidar a natureza. Foi una sesión moi divertida e amena. Recomendámola para todos os ciclos. Este ano fomos os de 3º ciclo de Primaria.
A Continuación un vídeo do ben que o pasou o noso alumnado con Anxo Moure:
PROGRAMA DE ASPANEPS "PONTE NO MEU LUGAR" PARA O ALUMNADO DE 6º PRIMARIA
Enviado por admin o Lun, 27/05/2013 - 11:17 A Concellaría de Educación, que dirixe José Juan Vilar, e a entidade Aspaneps levaron ao CPI Conde de Fenosa o programa “Ponte no meu lugar”, unha recoñecida actividade promovida e desenvolvida por esta asociación que ten como principal obxectivo o de achegar a discapacidade en primeira persoa a través de dinámicas e accións participativas que procuran a reflexión entre o alumnado de 6º de Primaria e o profesorado.
Tanto na mañá do pasado xoves como na do venres, os responsables deste programa levaron a cabo diversas actividades cos nenos e nenas, que poideron constatar as dificultades coas que persoas invidentes, xordas ou con problemas de movilidade pódense atopar nas súas rutinas diarias nun centro escolar, neste caso o de Ares.
O programa “Ponte no meu lugar” desenvólvese en dúas fases:
- A primeira, a do traballo cos Mestres e alumnado de 6º co apoio de carteis temáticos e unha película para comentar cómo se vive o feito de ser tratado de maneira diferente.
- A segunda fase é de vivir en primeira persoa esas dificultades, realizando un circuito cos rapaces e rapazas. Este circuito tiveron que facelo en cadeira de rodas, cunhas vendas nos ollos ou cuns cascos nos oídos.
Estivo tamén presente nunha das xornadas a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro. Nesta xornada, Aspaneps entregou á nosa directora, Blanca Cortizas, o diploma acreditativo da realización do programa levado a cabo.
Máis información no noso blog:http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/2013/05/programa-de-aspaneps-ponte-no-meu-lugar.html
O ALUMNADO DE 3º ESO VISITA A DOMUS E AO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO (MAC).
Enviado por admin o Lun, 27/05/2013 - 09:32O dia 30 de abril houbo una saída a Coruña organizada polos departamentos de bioloxía e artes plásticas.
Pasamos a mañá no MAC onde vimos un documental sobre a obsolescencia programada, a exposición de Daniel Canogar, e fixemos un obradoiro.
Xantamos cara o Atlántico no comedor da Domus para despois percorrer durante a tarde este interesante museo.
Ahí tedes as fotos.
https://docs.google.com/presentation/d/1B_b5CRsR7Od_k2Tu81oeYq6HhRyz3l4TWYsdGlJF5SE/pub?start=false&loop=false&delayms=3000
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- seguinte ›
- última »