ACTUACIÓN MUSICAL ALUMNADO DE ESO NA CORUÑA

 O

O pasado 8 de maio o noso alumnado de Secundaria participou no III Encontro celebrado en A Coruña polo que deixamos o vídeo da súa actuación nese encontro onde o pasaron moi ben e intercambiaron e compartiron actuacións musicais con alumnado doutros centros educativos de Galicia.

 

 

 

EXPOSICIÓN MAIL ART "HAI UN ARTISTA TI"

Está aberta a exposición ao público do proxecto levado a cabo no noso centro;Mail Art: "Hai un artista en tí"  .

O horario de visita ata o 20 de xuño é de 9:30 a 14:00h.

Agradecemos a participación na inauguración da mesma:

  • Alcalde de Ares, D. Julio Iglesias Redondo
  • Concelleiro de Cultura: D. Eugenio Lago
  • Director do CFR de Ferrol: D. Manuel Losada
  • Asesor do CFR: José A. Sordo
  • O representante de Xábrega: D. Emilio Mesías
  • As representantes do Casino e colaboradoras co centro: Teresa e Elena.
  • Coa participación excepcional do  Mailartista, D. Carlos Botana

Este proxecto levouse a cabo grazas ao traballo das mestras deste centro: Meli e Lara que fixeron del un proxecto de centro con repercusión internacional e que recibiu máis de 150 correos con obras realmente moi interesantes. No seguinte vídeo podedes visualizar a exposición que está aberta a toda a comunidade educativa ata o 20 de xuño.  No verán estará na sala de exposicións da Casa da Xuventude grazas á colaboración do Concello de Ares.

 

AXUDAS LIBROS TEXTO 2014-2015

A Dirección do CPI Conde de Fenosa informa que saíu publicada no DOG do día 30 de maio  a ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15as axudas para adquisición de libros de texto .

Dentro das principais novidades da convocatoria cabe destacar:

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario)

Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

2.  O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).

Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

 

Toda a información no seguinte enlace:

AXUDAS LIBROS DE TEXTO

e nas páxinas web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no seguinte enlace:

Axudaslibros-Consellería

GRATUIDADE SOLIDARIA (Toda a información)

IMPRESO SOLICITUDE

 

 

 

Actividades Proxecto Meteoescolas

Nesta sección iremos expresando todo o que se está facer no noso centro relacionado co Proxecto METEOESCOLAS.

 

 

 

O Proxecto Meteoescolas no presente curso académico levou a cabo a participación de case todo o alumnado e profesorado, como se pode ver na seguinte lista de reproducción dos diferentes traballos realizados:

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O CPI Conde de Fenosa realizou diferentes actos co alumnado con motivo da celebración do Dia das Letras Galegas.

1.- ACTO MUSICAL REALIZADO NO CASINO DE ARES O MARTES 13 DE MAIO:

 CHEGOU A MAROLA A ARES

PRÉSTANOS SES

 

Pero quen é SES? Preguntan os rapaces da ESO. Escoitamos algunha canción, vemos algún vídeo, case aprendemos as estrofas suxerentes de “Milonga de aquí ” e de “Se cadra”. Si, … canta moi ben, ten boas letras, … si,  pero temos que ir vela?

O excepticismo, mesmo a resistencia previa foi amolecendo ao pouco de iniciarse o concerto. A viveza dos ritmos variados; o lirismo poético; as letras provocadoras, directas e descaradas; os acoples das guitarras; ... foron atrapándonos, envolvéndonos como o arrolo das ondas que entraban polas ventás da cristaleira do Casino.

SES non é só música, é unha activista social, unha convencida defensora do papel feminino, unha rebelde contra todo tipo de submisión e estereotipos. Cóspelle aos clixes sociais. Chámalle ás cousas polo seu nome. Tanto nas cancións como nas presentacións,  déixao claro.

O estilo inconfundible vai quedar gravado na memoria xuvenil. Cando entra a marola na baía deixa sinais, pegadas que nos prestan.

 

 

2.- EXPOSICIÓN DO TRAXE TRADICIONAL NA BIBLIOTECA

Dende o 13 ata o 23 de maio permanecerá aberta a exposición do traxe tradicional na Biblioteca.

 

 

3.- Actuación musical a cargo de Teresa, Elena , Emilio e José Ramón Camaño .

Viñeron o pasado día 16 de maio desinteresadamente a tocar para nós na hora do recreo e acompañarnos así, nesta semana das Letras Galegas. Fixeronnos bailar e brincar como só os bos ghaiteiros saben facer.

Dende a Dirección queremos agradecerlles o seu traballo e a cesión dos complementos e traxes da exposición.

 

 

GAÑADORES DO CONCURSO PROVINCIAL DA ONCE

O alumnado de 3º ESO do noso centro escolar resultaron gañadores no Concurso Provincial da ONCE. Dende a Direcciáon do CPI agradecemos o traballo realizado tanto polo profesorado como polo alumnado (grandes artistas) e seguimos mantendo a ilusión no traballo ben feito defendendo o ensino público.

  Este ano co  lema de "O Día da ilusión”, invítasenos a reflexionar sobre ela como motor da sociedade que nos empurra a superarnos, a perseguir as nosas metas, proxectos e soños.  Para elo se nos pedíu que desenvolvéramos un spot publicitario que mostre por que é tan importante protexela e difundila. E os alumnos e alumnas da ESO puxeronse mans a obra.

A visualización dos diferentes traballos quedan reflexados no seguinte enlace:

http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/2014/03/o-dia-da-ilusion-30-concurso-escolar.html

Aquí tedes o precioso  vídeo gañador:

 

EXPOSICIÓN METEROLOXÍA

Debido á celebración do día mundial da Metereoloxía (21 de marzo) no centro realizáronse 2 exposicións de material bibliográfico cedido pola Biblioteca e diversos departamentos como o de Francés, así como a  Coordinación do Plan Proxecta: Meteoescolas.

No seguinte enlace podedes visualizar estas exposcións que rematan no día de hoxe 28 de abril.

EXPOSICIÓN METEROLOXÍA

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERANO

No BOE nº 79 de 1 de abril de 2014 publícase a Resolución deo19 de marzo de 2014 da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para aprticipar no Programa "CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERANO" para alumnos de secundaria- 4º ESO e bacharelato no 2014.

Máis información no arquivo adxunto e no seguinte enlace:

CAMPUS CIENTÍFICOS VERÁN 2014

OFERTA DE PRAZAS XUVENÍS - VERÁN 2014

A Consellería de Traballo e Benestar Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, oferta prazas xuvenís para promover actividades lúdicas, deportivas, culturais e formativas nos meses de verán 2014.

Toda a información está no DOG do pasado mércores 26 de marzo, e no seguinte enlace:

OFERTA DE PRAZAS XUVENÍS- VERÁN 2014

 


INMERSIÓN LINGÜÍSTICA PARA O ALUMNADO DA ESO

Infórmase da publicación no DOG o día 27 de marzo da Orde do 13 de marzo de 2014, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, achégase o tríptico coa información, no seguinte enlace.

   CARTEL INFORMATIVO DAS AXUDAS E DOCUMENTACIÓN

Distribuir contido