FESTIVAL DE NADAL INFANTIL E PRIMARIA NO CASINO DE ARES
Enviado por admin o Lun, 13/01/2014 - 10:46O día 20 de decembro, tivo lugar no Casino de Ares, o Festival de Nadal de Infantil e Primaria.
Dende a Dirección do centro queremos agradecer a colaboración do persoal do Casino que ofreceu as instalacións e axudáronnos na organización.
No seguinte enlaces podedes disfutar do festival:
BO NADAL E ESPERANZADOR 2014
Enviado por admin o Xov, 19/12/2013 - 21:00Desexamos unhas FELICES FESTAS e no 2014 ilusión para seguir mantendo a nosa defensa polo ensino público.
ACTIVIDADES NADAL
Enviado por admin o Mar, 17/12/2013 - 13:06FESTIVAL DE NADAL 2013
Este venres, día 20, imos celebrar o festival de Nadal no casino de Ares ao que están invitados os pais/titores dos alumnos. Van ser dúas funcións: unha para infantil e outra para primaria.
- Educación Infantil.
- Comezará o festival ás 10:15h. Os pais entrarán unha vez o alumnado estea acomodado no seu sitio. Ó remate da función desaloxarase o recinto.
- Educación Primaria.
- Comezará o festival ás 11:30h. Como na anterior, as familias entrarán unha vez que o alumnado estea acomodado.
Xa no colexio, os Reis Magos entregarán aos alumnos unha golosina.
- Educación Secundaria
- O día 19 de decembro levarase a cabo unha xornada cultural deportiva: X Carreira Quilómetros de solidariedade (Save The Children) e diferentes actividades no Pavillón. (departamentos Relixión e Ed. Física)
- O día 20 terán sesións lectivas ata ás 12:30h.
- Ás 12:30h. haberá diversas actuacións musicais do alumnado no centro (Dpto Música e Francés).
Avisos:
- No caso de que chova a función de infantil levarase a cabo na sala de usos múltiples do colexio.
- Non se permite fotografar e/ou grabar en video as funcións debido a que hai alumnos que non teñen permiso de imaxe. Un representante do centro grabará as actuacións e, unha vez revisadas, colgaranse na paxina web do colexio.
- A saída ese día será ás 13:30h, unha vez que se entreguen as notas.
- Non haberá comedor.
A súa colaboración axudará a que todo se desenvolva dun xeito satisfactorio polo que lles damos as grazas anticipadamente.
- Informar que o comezo das clases no 2014 será o día 9 de xaneiro.
Aproveitamos tamén para desexarlles Felices Festas.
Concerto Didáctico
Enviado por admin o Lun, 09/12/2013 - 14:45O alumnado de Primaria do CPI Conde de Fenosa acudiu o pasado día 15 de Novembro a un Concerto Didáctico na Coruña. Foi un concerto moi entretido e dinámico onde tivemos que participar, disfrutando da experiencia tanto que gustaríanos repetila.
Presentamos a continuación toda a actividade:
MAGOSTO 2013
Enviado por admin o Mér, 27/11/2013 - 10:04O pasado día 8 de novembro celebrouse no centro o Magosto, no que participou o alumnado de Infantile Primaria. Deixamos unha mostra de cómo asáronse e repartíronse as castañas no recinto escolar.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES NO 1º TRIMESTRE
Enviado por admin o Lun, 28/10/2013 - 13:41Infórmase das actividades extraescolares e complementarias ofertadas no 1º trimestre. Este programa está aberto a novas ofertas.
|
NOVO PROXECTO DE CENTRO: MAIL ART ou ARTE POSTAL
Enviado por admin o Xov, 17/10/2013 - 20:33CPI CONDE DE FENOSA CONVOCA:
Proxecto de Arte Postal: "Hai un artista en tí"
Dende o CPI Conde de Fenosa de Ares (A Coruña), dúas mestras de Educación Primaria en colaboración
co claustro de profesores, convocan a toda a comunidade educativa (pais, alumnos, mestres...) e todo aquel
que queira participar (artistas e persoas interesadas), a formar parte nun certame de Arte Postal ou Mail Art
e enviar a sua "obra" ao noso centro.
En qué consiste a Arte Postal o Mail Art?
Trátase de enviar por correo,ó CPI Conde de Fenosa de Ares unha tarxeta, obxecto, postal, tea... Todo aquilo
que se vos ocorra. Podedes escribir, pintar, debuxar, cortar, pegar, coser...imprimir. Tedes que enviala por
correo. Se non ten mataselos NON SERVE!
Tema:
A exposición terá como lema "HAI UN ARTISTA EN TÍ" en clara alusión e reivindicando a posición das artes e
a importancia das mesmas na formación e desenvolvemento integral do alumnado e das persoas.
Adxuntamos a este correo a convocatoria deste certame onde queda detallada toda a información.
E lembra, debes enviar a túa obra antes do 30 de abril do 2014. Os traballos quedarán expostos de forma
permanente no Centro con motivo Das Letras Galegas.
Un saúdo, e lembra que...... hai un artista en ti
P.D: Se necesitades algunha aclaración ou información ao respecto podedes dirixirvos a calquera destes
correos
-
Lara Valcuende: laraval@edu.xunta.es
-
Amelia Seoane-Chanes: ameliasecas@gmail.com
E no noso blogue: unartistaentimailart@blogspot.es
Así como na páxina de facebook: https://www.facebook.com/pages/Hay-un-artista-en-ti/630763563653030
2º PREMIO PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS
Enviado por admin o Dom, 13/10/2013 - 19:27ENTREGA DO II PREMIO METEOESCOLAS AO NOSO CENTRO ESCOLAR
O alumnado do noso centro recibiu, o pasado día 1 de outubro, o II Premio do Programa Meteoscolas, un programa educativo promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar o coñecemento do clima galego na escola.
Os alumnos e alumnas do centro, coa supervisión do profesorado, encargáronse de recoller a diario durante o pasado curso os datos meteorolóxicos relativos a precipitacións ou temperaturas para despois proceder á súa análise, coa axuda de Meteogalicia, e obter unha serie de datos estatísticos coa posterior creación dos seus climogramas correspondentes.
Ademais, o resultado das medicións foi publicado cada día na páxina web do Concello, que colaborou co colexio nesta iniciativa, así como en distintos edificios públicos,(centro de saúde, biblioteca, casa da xuventude..) para proporcionar aos veciños e veciñas a información diaria relativa ao clima.
No acto celebrado esa mañá no Casino Aresano que contou, entre outros, coa presenza do director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, o asesor de innovación educativa da Xunta de Galicia Alberto Sacido, a directora do centro educativo, Blanca Cortizas, o alcalde Julio Iglesias e o concelleiro de educación, os 109 alumnos de educación infantil, 217 de Primaria e 70 alumnos da ESO que participaron no proxecto, recibiron o segundo premio que constata o recoñecemento ao esforzo polo traballo desempeñado durante os meses que durou o programa.
Dende aquí queremos dar os nosos parabéns ao profesor de física Jorge Gutiérrez por coordinar todo o proxecto no centro, así como a todos os profesores/as e alumnos/as que traballaron arreo durante todo o curso no proxecto meteoescolas.
Agradecemento a todos os que participaron neste proxecto e que van seguir formando parte do proxecto do noso centro no presente curso escolar.
Podedes ver máis información nos diferentes blogs do noso centro e no seguinte enlace:
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DOS MÍNIMOS ESIXIBLES DAS DIFERENTES PROGRAMACIÓNS
Enviado por admin o Mér, 02/10/2013 - 10:54Nos arquivos adxuntos podedes consultar os mínimos esixibles da programación dos diferentes ciclos e os criterios de cualificación:
NIVEL |
PROGRAMACIÓN 2013-2014 |
INFANTIL | |
1º CICLO DE PRIMARIA | |
2º CICLO DE PRIMARIA | |
3º CICLO DE PRIMARIA | |
ESO | |
|
|
|
|
|
|
|
|
LISTADO DEFIINITIVO DO ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR ESCOLAR
Enviado por admin o Lun, 16/09/2013 - 16:03O Consello Escolar reunido en sesión extraordinaria o luns 16 de setembro, tras atender ás demandas e reclamacións recibidas no centro, aproba o listado de comedor definitivo e o alumnado que queda en reserva para o curso 2013-2014.
Listado definitivo de alumnado usuario de comedor escolar
Contra esta resolución pódese interpoñer un recurso de alzada na Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, educación e ordenación Universitaria.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »