FELICITACIÓN NADAL 2014-2015
Enviado por admin o Ven, 19/12/2014 - 11:02
O CPI Conde de Fenosa deséxavos Felices Festas e un novo ano 2015 no que se cumpran os vosos sonos e ilusións.
RENOVACIÓN PARCIAL DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Mar, 28/10/2014 - 10:01Tralas eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello escolar, o pasado día 2 de decembro en ssesión extraordinaria constituíse o novo Consello Escolar e as súas comisións.
Dando cumprimento ó estipulado no artigo 2.3 da Resolución do 19 de setembro de 2014 (DOG do 01.10.2014) da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa e artigo 39 do Decreto 324/1996 do 26 de xullo, procédese a unha nova reunión da xunta electoral o día 17 de novembro ás 13:00h no despacho de Dirección , onde ten lugar:
- A proclamación da lista de candidatos presentados para a súa elección dos diferentes membros compoñentes do Consello Escolar:
- Candidatura de representante das familias, Dna. Ángela Cartelle Gelpi.
- Candidaturas de 5 profesores: (Ana, Arnoso Fabal, Marina Sánchez Magariños, José Luis Casás Fachal, Mª Josefa Seijo Bellón e Montserrat Guillamó Dieste).
- O alumnado e o persoal non docente non presentaron candidaturas.
- O sorteo público dos membros que constituirán a Mesa Electoral que dirixirá o proceso de elección parcial dos representantes das familias no Consello Escolar deste Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares que se constituirá o vindeiro martes 25 de novembro na entrada das oficinas adiministrativas para levar a cabo a votación dende as 16:30 ata as 19:30h.
Dando cumprimento ó estipulado no artigo 2.2 da Resolución do 19 de setembro de 2014 (DOG do 01.10.2014) da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa, procédese o día 29 de outubro ás 12:30h , ao sorteo público, no despacho de Dirección, dos membros que constituirán a Xunta Electoral que dirixirá o proceso de elección parcial dos membros compoñentes do Consello Escolar deste Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares.
A Dirección informa que as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa ao Consello Escolar realizaranse entre os días 24 ao 28 de novembro.
Nesta renovación parcial quedan implicados nos distintos sectores :
- Renovación de 3 profesores/as.
- Renovación de 2 representantes das familias do alumnado (1 por renovación e 1 por estar vacante).
- Renovación de 1 representante do alumnado (posto actualmente vacante).
- Renovación de 1 representante do persoal non docente (posto actualmente vacante).
Unha vez constituída a xunta electoral o xoves 6 de novembro ás 11:30h., estableceuse oo seguinte:
- CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL.
- APROBACIÓN DO CENSO DE ELECTORES:
- CALENDARIO ELECTORAL
COMEDOR ESCOLAR CURSO 2014-2015
Enviado por admin o Ven, 03/10/2014 - 09:04Publícanse os arquivos relacionados co funcionamento do comedor para o curso 2014-2015.
- Menús Outono inverno (5 semanas que se repetirán.)
LISTADO PROVISIONAL DE USUARIOS DE COMEDOR. CURSO 2014-2015
Enviado por admin o Lun, 08/09/2014 - 12:43A Dirección do CPI Conde de Fenosa publica o listado provsional de comedor para o curso 2014-2015 aprobado no Consello Escolar do día 10 de setembro de 2014, tras detectar un erro e por mor dun aumento de 20 prazas de comedor concedidas pola Consellería.
Ante esta publicación ábrese, segundo a lexislación vixente, un período de 5 días para posibles reclamacións.
O vindeiro martes 15 de setemebro sairá publicado o Listado Definitivo.
RESUMO DE ALGUNHAS ACTIVIDADES DO CURSO 2013-2014
Enviado por admin o Mar, 15/07/2014 - 11:51A Dirección do CPI Conde de Fenosa desexa a toda a comunidade educativa do centro (Alumnado, familias e profesorado) unhas felices e gratificantes vacacións. O descanso é ben merecido polo traballo ben feito durante o curso, mostra diso son os seguintes vídeos que amosan diferentes actividades levadas a cabo ao remate de curso
Excursión de alumnado de 6º E,P, á granxa -escola en Castropol (Asturias). (cunha carta emotiva de despedida do alumnado ao profesorado, pódese visualizar no blog da Biblioteca: Carabela de Ares)
E outras realizadas no centro como:
Obra de Teatro : O Incrible neno devorador de libros (representada polo alumnado da ESO para o alumnado de Infantil)
Roteiro Ares-Chanteiro : (Todo o alumnado e profesorado da ESO)
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE EXAMES PARA A ESO -SETEMBRO 2014
Enviado por admin o Xov, 03/07/2014 - 11:42
EXAMES ESO DE SETEMBRO 2014 |
||
1 SETEMBRO |
||
HORA |
MATERIA |
AULA |
09:00 h-10:00 h |
OPTATIVAS ( Francés, IPEE, EPV2, TIE, Informática) |
AULA 1º A / AULA 1º B/ Tecnoloxía, Informática |
10:00 h-11:30 h |
LINGUA CASTELÁ |
AULA 1º A/ AULA 1º B |
11:30 h -12:30 h |
MÚSICA |
AULA 1º A |
12:30 h-14:00 h |
CIENCIAS SOCIAIS XEOGRAFÍA E HISTORIA |
AULA 1º A/ AULA 1º B |
2 SETEMBRO |
||
HORA |
MATERIA |
AULA |
09:00 h-10:00 h |
FÍSICA E QUÍMICA C. NATURAIS (1º/2º ESO) |
AULA 2º A 1º ESO:AULA 1º B 1º ESO SB: AULA 1ºA 2º ESO: AULA 1ºB 2º ESO SB: AULA 2º A |
10:00 h-11:30 h |
BIOLOXÍA XEOLOXÍA ÁMBITO CIENTÍFICO-MATEMÁTICO 3º PDC |
AULA 1ºA AULA 1º B |
11:30 h-12:30 h |
EDUCACIÓN FÍSICA |
AULA 1º A |
12:30 h-14:00 h |
LINGUA GALEGA ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO 3º PDC |
AULA 1º A/AULA 1ºB |
3 SETEMBRO |
||
09:00 h-10.30 h |
MATEMÁTICAS |
AULA USOS MÚLTIPLES |
10:30 h-11:30 h |
TECNOLOXÍA |
AULA TECNOLOXÍA |
11:30 h-13:00 h |
INGLÉS |
AULA 1ºA/ AULA 1ºB |
13:00 h -14:00 h |
ED. ÉTICO-CÍVICA ED. CIUDADANÍA ED. PLÁSTICA E VISUAL |
AULA 1º A AULA 1º B AULA PLÁSTICA |
ENTREGA DE NOTAS: 5 SETEMBRO ÁS 10:30H.
Matrícula ata o día 10 de setembro (oficialmente), por cuestións organizativas pregamos a realización da matrícula entre o día 5 e 8 de setembro.
LIBROS DE TEXTO 2014-2015
Enviado por admin o Ven, 27/06/2014 - 12:18Ponse a disposición da Comunidade educativa o listado de libros de texto aprobados polo Consello Escolar.
Informar ás familias que os libros son os memos que os do curso anterior, agás as seguintes excepcións:
- Incorpóranse novos libros de texto en 3º de Primaria (deterioro dos anteriores e esgotado o tempo >6cursos)
- Elimínanse os libros de texto de L. Galega e de Coñecemento de 1º e 2º de E.P.
- Elimínanse os libros de texto de Música e Plástica en toda Primaria.
- Incorpórase un libro de texto en 3º ESO (Nova Sección Bilingüe) de Bioloxía e Xeoloxía e a Bª e Xª Non sección Bilingüe sen libro de texto.
Toda a información no seguinte enlace:
FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2014-2015
Enviado por admin o Lun, 16/06/2014 - 12:13FIN DE CURSO 2013-2014
O fin de curso 2013-2014 levarase a cabo o vindeiro día 20 de xuño despois dunha serie de actividades de recoñecemnto ao traballo realizado no presente curso escolar (1º Premio Meteoescolas, Diplomas por participación nos diferentes proxectos e concursos: Mail Art, Preguntón, Relatos curtos (Cocacola e Concello de Ares); Portadas de libros... Premio Educabarrié, 1º Premio Provincial da ONCE; entrega de notas...
A saída será ás 13:30h. Non haberá comedor.
ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS
- alumnado de Infantil e Primaria o día 20 de xuño.
- alumnado de ESO o día 23 de xuño ás 10:30h.
PERÍODO DE RECLAMACIÓNS
- En Primaria, ao final de cada ciclo ante a Dirección do centro no prazo de 5 días según a Orde do 22 de xullo de 2007 da Consellería de Cultura e Educación (DOG 02.09.97).
- En Secundaria, ao final de curso ante a Xefatura de Estudos, 2 días lectivos despois da entrega de notas segundo a Orde de 28 de agosto de 1995 do Ministerio de Edcuación (BOE 20/09/1995) . A reclamación pode realizarse segundo o Protocolo e Instancia de Reclamacións do centro.
PROCEDEMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2014 - 2015
A matrícula do alumnado para o curso 2014-2015 no CPI Conde de Fenosa de Ares realizarase segundo as aseguintes indicacións.
- EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA.
- Só realizarase a matrícula ao alumnado de novo ingreso.
- O prazo será dende o 20 ao 30 de xuño.
- A documentación: Sobre de matrícula que deberá recollerse no centro.
- EDUCACIÓN SECUNDARIA
- Só se matriculará o alumnado que promocione en xuño.
- O prazo será dende o 25 de xuño ata o 10 de xullo.
- A documentación:
- Sobre de matrícula (recoller no centro): Impreso de matrícula.
- Unha fotografía tamaño carnet co nome e apelidos por detrás.
- Para o alumado de 3º e 4º de ESO, copia do ingreso na conta de Nova Galicia Banco nº 2080-5609-92-3040000849 de 1,12 euros (seguro escolar).
A hora de atención ao público nas oficinas do centro será de 9:30 a 13:00h.
Haberá que realizar a Solicitude de comedor escolar e autorizacións excepcionais para a utilización do transporte .
NOTA: Todo alumnado que vaia continuar o vindeiro curso e que variase algún dato persoal, ten a obriga de comunicalo ao centro, cubrindo o correspondente impreso que se facilitará na oficina administrativa.
Haberá que realizar a Solicitude de comedor escolar e autorizacións excepcionais para a utilización do transporte , según as novas Instrucións.
O impreso de matrícula da ESO, pódese descargar aquí ou ben, recollelo no centro co sobre de matrícula
GAÑADORES DO CONCURSO DE EDUCABARRIÉ "XEOMETRÍA DA NATUREZA"
Enviado por admin o Mér, 11/06/2014 - 11:07¡¡¡¡GAÑADORES DO CONCURSO DE EDUCABARRIÉ “XEOMETRÍA DA NATUREZA”!!!!
O noso alumnado de 3ºB e 4ºA e B acadaron (xunto co Colexio Martín Códax) o premio do Concurso “Xeometría da Natureza”, que consistía en analizar dúas fotos proporcionadas pola organización, atopando nelas patróns xeométricos e matemáticos, para despois plantexar hipóteses biolóxicas deses patróns.
Foi un traballo en equipo cunha primeira etapa de visualización de vídeos sobre a presenza das matemáticas na natureza, para logo facer debates sobre os patróns atopados e as hipóteses das devanditas fotos.
O alumnado participou de xeito moi activo e fixo un bo traballo. Parabéns a eles!!!!!
Nos seguintes enlaces poderedes ver os resultados:
http://xeometriadanatureza.educabarrie.org/portfolio-items/coa-casa-ao-lombo/
http://xeometriadanatureza.educabarrie.org/portfolio-items/flor/
PRIMEIRO PREMIO DO PROGRAMA: METEOESCOLAS
Enviado por admin o Mar, 10/06/2014 - 16:54Acaban de informarnos de que o noso centro acadou o Primeiro Premio do Programa METEOESCOLAS.
Parabéns a todo o profesorado e alumnado que grazas ao esforzo do seu coordinador Jorge Gutierrez unha vez máis veu recoñecido o traballo realizado ao longo deste curso escolar 2013-2014.
Hai que recordar que o pasado curso escolar xa gañara co mesmo proxecto o 2º Premio.
Dende a Dirección agradecemos o Premio e seguimos animando a este bo equipo de persoal que dinamizan e contribúen á mellora do ensino público.
É un pracer traballar con eles.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- …
- seguinte ›
- última »