PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN DEFINITVA FONDO SOLIDARIO ESO
Enviado por admin o Mér, 23/09/2015 - 10:14Publícase o listado definitivo de libros de fondo solidario adxudicado ao alumnado de ESO.
AXUDAS DE MATERIAL
Enviado por admin o Ven, 18/09/2015 - 12:50Infórmase ás familias de alumnado do centro que os vales de axuda de material se entregarán a partir do 22 de setembro.
LISTADO DEFINITIVO DE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2015-2016
Enviado por admin o Ven, 04/09/2015 - 13:16Reunido o Consello Escolar en sesión extraordinaria o día 15 de setembro de 2015, apróbase o listado de usuarios definitivo de comedor escolar para o curso 2015-2016.
Considerando que hai 30 alumnos/as en reserva, decídese enviar a solicitude de incremento de prazas de comedor á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou tratar de buscar algunha solución a este problema.
O día de hoxe, 9 de setembro, reunido o Consello Escolar en sesión ordinaria aproba a seguinte lista provisional de usuarios de comedor escolar para o curso 2015-2016.
Ábrese un prazo de 5 días para presentar as reclamacións a este listado.
Este listado e moi diferente ao anterior debido ás reclamacións e por orde da Consellería de aplicar o Apartado 5 (Selección de usuarios) o Criterio 1 das Instrucións 1/2015 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 1 de xuño sobre o funcionamento de comedores escolares" que dí: "Alumnado do curso anterior salvo que variase substancialmente o criterio polo que fose admitido".
APERTURA CURSO 2016 - 2017
Enviado por admin o Mér, 02/09/2015 - 13:08Apertura do curso 2016-2017
A Dirección do CPI As Mirandas da a benvida ao novo curso escolar a toda a comunidade educativa e informa do inicio de curso:
DATA | HORA | PRESENTACIÓN | Observacións |
12 setembro |
10:00H
|
AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 3 ANOS (4º E.I.) TERÁN UNHA REUNIÓN COA CORRESPONDENTE TITORA NAS AULAS SEN O ALUMNADO | |
12 setembro |
11:00 a 12:00h. |
INFANTIL E PRIMARIA |
|
15 setembro |
13:30-14:30h. |
SECUNDARIA |
|
NOTA INFORMATIVA: Todo o alumnado que vaia continuar o vindeiro curso e que variase algún dato persoal, ten a obriga de comunicalo ao centro, cubrindo o correspondente impreso que se facilitará na oficina administrativa |
O ALUMNADO DE ESO QUE ESTEA PENDENTE DE MATRICULAR TEN O PRAZO ATA O 9 DE SETEMBRO.
HORARIO DE OFICINA: 9:30 A 13:30H
INFORMACIÓN SOBRE AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Enviado por admin o Mér, 02/09/2015 - 10:00O 1 de setembro saiu publicada a Orde do 25 de agosto de 2015, pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 (DOG do 1 de setembro).
A continuación presentamos un resume e o impreso de solicitude.
Toda a información completa podedes consultala no seguinte enlace:
INSTRUCIÓNS
1. Convocatoria: Axudas para a adquisición de material escolar
A convocatoria de material escolar diríxese ao alumnado matriculado en calquera curso de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
2. Requisitos para acollerse a esta convocatoria
a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado nos cursos mencionados nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
3. Lugar e prazo de solicitude
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros legalmemye establecidos, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).
Inicio do prazo: 02-09-2015Fin do prazo: 01-10-2015
4. Solicitudes e documentación.
Todas as solicitudes, deberán ir acompañadas pola documentación preceptiva. Presentarase orixinal e copia da documentación, co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia.
A documentación que hai que achegar xunto á solicitude será a seguinte:
a) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar. Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, no día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación acreditativa do número de membros, tales como:
1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia.
2º. Certificado ou volante de convivencia.
3º. Informe dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade igual ou superior ao 33 % dalgún membro da unidade familiar, incluído/a o/a alumno/a, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2013:
1º. Certificado emitido polo órgano competente.
2º. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de percepción de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou
3º. Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.
5. Contía da axuda.
50 € por alumno/a.
6. Determinación da unidade familiar.
1. Para os efectos previstos nesta orde, e con referencia á situación familiar en 31 de decembro de 2013, considérase que conforman a unidade familiar:
a) Os pais non separados legalmente e, se for o caso, o titor ou titora, ou a persoa encargada da garda e protección do menor.
b) Os fillos ou fillas menores de idade, con excepción dos/as emancipados/as.
c) Os fillos ou fillas maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
d) Os fillos ou fillas solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar.
2. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles, e que reúnan os requisitos. Esta situación deberá acreditarse documentalmente mediante o correspondente volante ou certificado de convivencia.
3. No caso de falecemento dalgún dos proxenitores que convivan co causante, acreditarase a circunstancia mediante un certificado de defunción.
4. Os casos de separación ou divorcio acreditaranse mediante sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.
5. No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos os proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.
6. En casos especiais en que a unidade familiar non estea conformada do xeito establecido no punto 1 , deberá achegarse volante ou certificado de convivencia en que figure o/a alumno/a para o cal se solicita a axuda e todos os familiares que convivan con el ou ela, ou certificado dos servizos sociais do concello.
7. Renda per cápita.
1. Enténdese por renda per cápita a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade computables.
2. Para os efectos do cálculo da renda per cápita da unidade familiar, computaranse por dous os membros da familia, incluído/a o/a alumno/a, que figuren na solicitude e teñan recoñecida en 31 de decembro de 2013 unha discapacidade igual ou superior ao 33 %.
3. Nesta convocatoria, para os efectos de determinar a renda per cápita familiar, terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2013 e o exercicio fiscal 2013.
4. A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda de 2013, sumarán os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración. No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar durante o exercicio 2013.
5. Coa sinatura da solicitude a persoa solicitante declara, baixo a súa responsabilidade, que reúne o requisito de ingresos da unidade familiar que fai constar, e queda sometido ao réxime de infraccións e sancións a que se refire a disposición adicional segunda desta orde.
Ademais, coa sinatura da solicitude a persoa solicitante declara baixo a súa responsabilidade que se encontra ao día no cumprimento das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento débeda ningunha coa Administración pública da Comunidade Autónoma
6. No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co causante. Non obstante, terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.
8. Adquisición do material escolar
Unha vez que a persoa solicitante estea en posesión do vale, poderá adquirir material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. As persoas beneficiarias do vale poderán usalo ata o día 31 de outubro de 2015 (este incluído).
PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN DEFINITVA FONDO SOLIDARIO
Enviado por admin o Mér, 15/07/2015 - 09:07A Dirección do CPI Conde de Fenosa, tralas reclamacións ao fondo solidario de libros, informa que a Conselleria enviou unhas novas instrucións coa concesión de 4 ou 6 libros de texto ás familias solicitantes con renda per cápita menor de 9000 euros. Enviouse a información por carta ás familias que tiveron variación na resolución definitiva publicitada abaixo. Na ESO publicaranse en setembro.
A Dirección do CPI Conde de Fenosa publica a Resolución Definitiva do Fondo solidario para 3º e 5º de Primaria, así coma a Resolución Provisional de 2º e 4º ESO, quedando a definitiva pendente para setembro.
- LISTADO DEFINITIVO DE FONDO SOLIDARIO PARA 3º E 5º DE PRIMARIA. (houbo modificacións posteriores)
AVISOS:
Na ESO houbo modificacións non contempladas no listado provisional, hai que esperar a setembro para o listado definitivo.
AVISOS
Enviado por admin o Ven, 10/07/2015 - 10:07- OS VALES DE AXUDAS DE LIBROS ENTREGARANSE A PARTIR DO DÍA LUNS 13 DE XULLO PARA TODO O ALUMNADO SOLICITANTE.
- A LISTA DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PUBLICARASE O MÉRCORES DÍA 15 DE XULLO PARA PRIMARIA. ( O DE SECUNDARIA SERÁ EN SETEMBRO).
- A LISTA DOS USUARIOS DE COMEDOR PUBLICARASE NOS PRIMEIROS DÍAS DE SETEMBRO.
EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DO ALUMNADO DE ESO. SETEMBRO 2016
Enviado por admin o Dom, 28/06/2015 - 18:491 SETEMBRO | |||||
HORA | MATERIA | AULA | HORA | MATERIA | AULA |
9:00 - 10:30h |
LINGUA CASTELÁ 1º,2º,3º E 4º ESO
|
1º A 1º B |
16:00 - 17:00h. |
FRANCÉS 1º, 2º, 3º e 4º ESO CULTURA CLÁSICA 3º ESO IPEE
|
1º A 1º B |
10:30 -11:30h |
CIENCIAS SOCIAIS 1º E 2º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA 3º E 4ºESO |
1º A 1º B |
17:00-18:00h. |
MÚSICA |
1º A 1º B
|
11:30 - 12:30h |
FÍSICA E QUÍMICA 3º e 4º ESO
CIENCIAS NATURAIS 1º e 2º ESO
|
1º A 1º ESO SB/2º ESO: 1º B
1º ESO /2º ESO SB: 1º A |
18:00 - 19:00h |
ED. ÉTICO-CÍVICA 4º ESO ED. CIDADANÍA 2º ESO ED. PLÁSTICA E VISUAL 1º, 3º e 4º |
1º A 1º B A.PLÁSTICA |
12:30 - 14:00h |
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º e 4º ESO ÁMBITO CIENTÍFICO-MATEMÁTICO 4º PDC |
1º A 1º B |
|||
2 SETEMBRO | |||||
HORA | MATERIA | AULA | HORA | MATERIA | AULA |
9:00 - 10:30h | LINGUA GALEGA 1º, 2º, 3º e 4º ESO
ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO 3º e 4º PDC |
1º A 1º B |
16:00- 17:00h. |
TECNOLOXÍA 2º, 3º e 4º ESO
|
TECNOL.
|
10:30-12:00h |
L. INGLESA 1º, 2º, 3º e 4º ESO |
1º A 1º B |
17:00- 18:00h. | INFORMÁTICA 4º ESO | A. INF. |
12:00-13:30h |
MATEMÁTICAS 1º, 2º, 3º e 4º ESO |
U.M. |
18:00-19:00h | ED. FÍSICA |
1º A |
ENTREGA DE NOTAS: 6 DE SETEMBRO ÁS 10:30H. |
MATRÍCULA DE ALUMNADO DE ESO PARA O CURSO 2016-2017 DO 6 AO 10 DE SETEMBRO.
CONCURSO FOTOGRAFÍA ANPA 2015
Enviado por admin o Ven, 26/06/2015 - 13:19A ANPA do CPI Conde de Fenosa de Ares, organizou xunto coa colaboración do profesorado, o V CERTAME DE FOTOGRAFÍA" para o alumnado da ESO.
O Tema nesta ocasión era "CURIOSIDADES URBANÍSTICAS DE ARES".
A FOTOGRAFÍA GAÑADORA FOI "UNHA RÚA DE ARES", enviada polo alumno de 1º ESO A, JORGE LONGARELA, ao que lle transmitimos os nosos parabéns.
REVISTA ESCOLAR "ALBARES" 2016
Enviado por admin o Mér, 24/06/2015 - 22:03Publicada a 5ª Revista Escolar do noso centro "ALBARES" impulsada polo equipo de Dinzamización Lingüística do centro e grazas ao traballo excepcional da súa coordinadora, Yolanda Castro.
A excepcional portada foi realizada pola nosa alumna de 4º ESO, Ana Martínez, á que lle transmitimos os nosos parabéns e o agradecemento polo seu traballo, desexándolle un excelente futuro académico .
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »