CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Enviado por admin o Mér, 27/01/2016 - 13:58O CPI Conde de Fenosa vai celebrar, nun acto conxunto, o día 28 de xaneiro o "Día Escolar da PAZ e da non violencia" (recoñecida pola UNESCO celébrase o día 30 de xaneiro para conmemorar a morte do lider e pacifista hindú, Gandhi ).
Será unha xornada educativa para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos humanos, a non-violencia e a PAZ.
O acto terá lugar ás 12.45 ata ás 13:15h. co seguinte programa:
- Presentación (Directora)
- Lectura do texto "HOXE APRENDÍN..." (Alumnado de infantil e primaria).
- Lectura do manifesto pola PAZ. (Alumnado da ESO).
- Remate (Solta de pomba, reparto de pegatinas).
(Debuxo elaborado pola alumna do noso centro Ana Martínez de 4º de ESO)
AGRADECEMENTO DE "SAVE THE CHILDREN"
Enviado por admin o Ven, 22/01/2016 - 10:04O CPI Conde de Fenosa recibiu o Diploma e a carta de agradecemento da asociación de axuda humanitaria "Save the Children", información que compartimos con toda a Comunidades Educativa, especialmente alumnado, profesorado, familias, Paula Mayobre, establecementos colaboradores, Protección Civil e Concello de Ares.
Agradecemento do CPI Conde de Fenosa á participación nas actividades solidarias
Enviado por admin o Xov, 14/01/2016 - 12:51ACTIVIDADES SOLIDARIAS
Desde o CPI “Conde de Fenosa” queremos amosar o noso agradecemento a todo o alumnado, pais, nais e profesores/as pola participación e colaboración na carreira “Quilómetros de Solidariedade”, na cal recadamos 1.030 € que foron ingresados na conta de Save The Children. A nosa aportación irá destinada aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Grazas tamén pola vosa solidariedade na Operación Quilo de Nadal, na cal recollimos preto de 500 quilos de alimentos que foron donados a Cáritas de Ares e á Cociña Económica de Ferrol.
ACTIVIDADES NADAL. 17 DE DECEMBRO e 18 de DECEMBRO
Enviado por admin o Ven, 11/12/2015 - 13:45ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DO NADAL
XOVES 17 DE DECEMBRO: Todo o centro participará na Carreira Solidaria que ven sendo habitual no noso centro, colaborando coa organización Save The Childrens.
- Educación Infantil.
- As carreiras terán lugar no pavillón do colexio cando o alumnado de primaria estea de volta, aproximadamente ás 13:00 h.
- NOTA: Permítese a entrada no recinto aos pais do alumnado de infantil para ver as carreiras. Entrarán no recinto unha vez que o alumnado de primaria estea acomodado nas bancadas.
- Educación Primaria.
- As carreiras terán lugar no paseo marítimo a partir das 11:45h aproximadamente.
- NOTA: Haberá unha persoa con botiquín e algo de comida e auga para quen o necesite, así como avituallamento para todos de regreso ao colexio.
- Educación Secundaria.
- Ás 10:30h. : Saída da carreira do CPI , rúas de Ares ata o Porto, Paseo Marítimo, Parque Rosalía, Avenida de Mugardos e volta ao CPI.
- Ás 11:30h. : Final da carreira.
- De 11:30 a 12:00h : O alumnado pasará pola zona de avitualamento (auga e froita) e momento de descanso.
- Ás 12:15 h.: Entrega de medallas e diplomas na pista polideportiva. Estará con nós PAULA MAYOBRE.
- Ás 13:00h.: Comezarán as coreografías na pista polideportiva.
Agradecemos a colaboración de toda a comunidade educativa, ao persoal do Concello, á Froitería Mari, á Floristería Real, e a Paula Mayobre.
VENRES, 18 DE DECEMBRO. FESTIVAL DE NADAL no Casino de Ares.
- Educación Infantil. O festival comezará ás 10:15h.
- Poderán entrar as familias do alumnado unha vez que estea acomodado no seu sitio todo o alumnado.
- As familias desaloxarán o recinto ao remate da función.
- NOTA: No caso de que chova esta función realizarase na sala de Usos Múltiples do centro.
- Educación Primaria. O festival comezará ás 11:15h.
- Poderán entrar as familias do alumnado unha vez que estea acomodado no seu sitio todo o alumnado.
Ao regreso no Centro os Reis Magos entregarán ao alumnado unha golosina (colaboración da ANPA).
NOTAS:
- Aqueles que publiquen a calquera medio fotos ou vídeso do festival e/ou da carreira serán os responsables do feito. Por parte do centro, un representante gravará as actuacións, e unha vez revisadas colgaranse na páxina web do centro.
- A saída nese día será ás 13:30h unha vez que se entreguen as notas e non haberá comedor.
Desexamos a todos unhas Felices Festas coa esperanza de Paz e próspero ano 2016!
CONMEMORACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS E DOS NENOS/AS
Enviado por admin o Mér, 02/12/2015 - 18:56SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR OS DÍAS DOS DEREITOS HUMANOS E DEREITOS DOS NENOS.
Neste primeiro trimestre do ano hai dúas datas de suma importancia nas que se conmemoran, por un lado “O Día dos dereitos dos nenos”(20 de novembro) e por outro, o “Día dos Dereitos Humanos” (10 decembro). Por iso o alumnado da ESO invita a todos os nenos e nenas de Educación Primaria e Infantil á representación do conto “Antón: o neno que non quería ir á escola”.
O conto ilustrado integramente por Ana Martínez Fernández coa colaboración de Paola Toribio e adaptado ao galego por Mayolla Martínez Dragó é unha historia para reflexionar sobre a importancia da educación. Este dereito é un dereito fundamental que todos os nenos e nenas do mundo deben ter, xa que lles permite adquirir coñecementos e alcanzar así unha vida social plena. Ademais o dereito á educación é vital para o desenvolvemento económico, social e cultural de todas as sociedades. Sen embargo continúa sendo inaccesible para milleiros de nenos e nenas do mundo.
A través do conto de Antón descubriredes á importancia deste dereito: un dereito fundamental e universal.
Esperámosvos!!! As sesións realizaranse na sala de usos múltiples de secundaria.
Organizan e colaboran: Departamento de EDLG, Departamento de Reli, Departamento de Lingua Galega.
HORARIO DAS SESIÓNS
DATA | HORARIO | CURSO | |||
Luns Xaneiro | 11:10-12:10 | Para 1º Primaria Interpretan: 2º ESO | |||
Mércores 9 Decembro | 12:20-13:10 | Para Infantil A Representan: 3º ESO | |||
Xoves 10 Decembro |
11:20-12:10
|
Para Infantil A Representan: 4º ESO |
|||
Xoves xaneiro |
11:10-12:10
|
Para 2º Primaria Interpretan: 2º ESO Para 3º e 4º Primaria Representan: 4º ESO |
|||
Aquí podedes velo conto:
ACTIVIDADES SOLIDARIAS NO CPI CONDE DE FENOSA
Enviado por admin o Mar, 24/11/2015 - 10:50
OPERACIÓN QUILO DE NADAL
Estimadas familias:
Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis solicitamos a vosa colaboración para levar a termo a OPERACIÓN QUILO DE NADAL. Esta actividade centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento, ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa.
Estamos ante unha época na que diversas institucións como A Cociña Económica ou Cáritas seguen demandando a colaboración de toda a sociedade, e estamos ante unha ocasión marabillosa para aportar o noso gran de area.
Así pois, alumnado, profesorado e familias poderán contribuír de maneira voluntaria aportando calquera alimento non perecedeiro, dende o 25 de novembro ata o 11 de decembro. A partir desta data os alimentos serán levados á Cáritas de Ares e á Cociña Económica de Ferrol.
Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
MARATÓN SOLIDARIO: V CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE
Polos dereitos da infancia
Un ano máis o noso centro organiza a V Carreira Quilómetros de Solidariedade. Esta carreira, enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria, o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, o que “voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre estará connosco e apoiará esta causa coa súa presenza correndo cos rapaces e rapazas do noso centro.
ORGANIZACIÓN:
ESO: Saída as 10:30 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo, Paseo maritimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio polo muelle.
Primaria: Saída do colexio as 11:30 horas. As carreiras faranse por categorías no paseo marítimo dirección nautico a partir das 11:45 horas.
Infantil: A carreira terá lugar as 13:00 horas no pavillón do colexio.
Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que o xoves 17 de decembro, saian a rúa a apoiar aos nosos corredores solidarios.
|
CPI Conde de Fenosa: construíndo un mundo mellor
NOVAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015-2016
Enviado por admin o Mar, 10/11/2015 - 09:18Hoxe, martes 10 de novembro, saiu publicado no DOG a ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Un dos requisistos e ter unha renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros e non ser beneficiario da anterior axuda da Orde do 25 de agosto de 2015.
Podedes consultar a orde no seguinte enlace:
TERCEIRA CONVOCATORIA DE ARTE POSTAL- "aRte-SOS"
Enviado por admin o Mar, 20/10/2015 - 11:37O CPI Conde de Fenosa convida a participar nesta que é a 3ª Convocatoria de Arte Postal, baixo o lema :
"HAI UN ARTISTA EN TÍ: aRte-SOS"
O tema é "O mediambiente está en perigo: ¡SOS, Reciclemos!
A data límite de envío será o 20 de maio de 2016.
Envíos ao centro ao nome de Lara Valcuende e/ou Amelia Secas, ao CPI Conde de Fenosa.
Avda Celso Emilio Ferreiro, 4
15624-ARES (A Coruña)
Ao final de curso, nos meses de xuño e xullo realizarase unha exposición no centro.
Animamos a todos a participar. Non haberá premios.
AMPLIACIÓN DE PRAZAS DE COMEDOR
Enviado por admin o Ven, 16/10/2015 - 11:52Prezadas familias:
A partir do 4 de novembro xa temos en funcionamento o total número de prazas de comedor.
Están cubertas todas as prazas, non queda alumnado en reserva.
Recibimos o correo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concedendo a ampliación das 30 prazas de comedor para incorporar ao alumnado en reserva neste curso escolar 2015-2016.
Según se indica na “ORDE de 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria” no seu artigo 5.1, isto conlevaría o cambio de categoría de comedor e un incremento de persoal de cociña e dun colaborador.
A Consellería publicou no dia de hoxe a vacante tal como podedes velo no seguinte enlace:
http://www.xunta.es/comisions/ConsultarAnuncio.do?id=8637
Consideramos que a finales de outubro poderán incorporarse ao servizo de comedor os novos usuarios.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- seguinte ›
- última »