GAÑADOR DO PROXECTO DE CENTRO ORGANIZADO POR EDUCABARRIÉ
A Dirección do CPI Conde de Fenosa, felicita ao profesorado implicado na presentación do proxecto : " Elaboración na ESO dunha guía visual bilingüe do medio intermareal e fluvial con aplicación para dispositivos móbiles: tablets e smartphones" (Jorge Gutierrez Maroto, Luisa Corredoira Gómez e Pilar Molina); que resultou seleccionado por EducaBarrié na convocatoria de proxectos educativos 2012-2013 .
O obxectivo deste proxecto é promover a investigación directa da natureza que nos rodea e o emprego de novas tecnoloxías no alumnado da ESO dende as áreas de física e química, ciencias da natureza, lingua galega e lingua inglesa, para así elaborar unha guía visual, impresa en papel que recollerá a información do medio ambiente da contorna do noso centro, e poderase trasladar toda a información a través de dispositivos móbiles (smartphones, tablets e portátiles..) grazas ás aplicacións de lectores QR.
Educabarrié é o espazo de encontro e intercambio de coñecemento dirixido á Comunidade Educativa da Fundación Barrié.
Este proxecto de centro levarase a cabo durante este curso escolar grazas a subvención de Educabarrié .
Máis información na web: www.educabarrie.org
ÁNIMO e grazas polo voso traballo e esforzo.