BOAS VACACIÓNS

A Dirección do CPI Conde de Fenosa desexa a toda a comunidade educativa unhas Boas e felices vacacións, ben merecidas tanto por parte do profesorado como do excelente alumnado que temos.

Neste final de curso que colleunos, case, por sorpresa debido á multitude de traballos, proxectos nos que participamos, tiñamos pensado facer una acto para todo o centro, pero o mal tempo, a falta dun  espazo tan desexado, onde poder amosar todas as actividades que se está realizando (URXE a AMPLIACIÓN DO CENTRO) supuxo un impedimento, nembargantes, realizáronse diferentes actividades: teatro, actuacións musicais, diferentes exposicións, demostración de traballos dos maiores cara os máis pequenos  e viceversa, entrega de orlas da Promoción 2013, participando activamente todo o alumnado do centro. (Remito a información do blog de Dinamización Lingüística, da Biblioteca do noso centro e os blogs dos diferentes ciclos/departamentos...)

  • Pasamos uns días e, en xeral este curso,  inesquecibles.
  • Despedimos ao alumnado de 4º ESO ao que lle queremos adicar  nosos parabéns polo grande éxito académico acadado e a súa participación tan activa nos diferentes proxectos, actividades propostas... Desexámoslles o mellor para a seguinte etapa que comezan.
  • Agradecer, como non, a todo o profesorado e alumnado participante nos diferentes proxectos, traballos,...realizados ao longo do curso escolar, dos que moitos tiveron premios: de lectura, relatos, matemáticos, preguntón...,  (acabamos de enterarnos do 2º Premio a nivel de Galicia do Proxecto Meteoescolas no que participou a maioría do alumnado e profesorado dende Infantil ata Secundaria, e coa colaboración do Concello, Centro de saúde, Biblioteca de Ares na publicación da información metereolóxica. Os NOSOS PARABÉNS!!! ),   e outros tantos, que aínda que non obtiveran esos galardóns tan apreciados, non son de menosprezar.

Por todo isto, BO DESCANSO; GOZADE O VERÁN E VÉMONOS, CON RENOVADAS ENERXÍAS, EN SETEMBRO.

Déixovos os emotivos vídeos da despedida do alumnado de 4º ESO, realizados pola profesora Yolanda Castro: