Estimadas Familias: Dende a directiva da ANPA "O Forte" queremos darvos a benvida a este novo curso escolar. Despois de que o 4/10/2021, en reunión extraordinaria, o Consello escolar do centro aprobara o Programa de actividades e o Plan de Continxencia presentado pola nosa ANPA COMUNICAMOS: - No día de hoxe todo o alumnado leva á casa unha carta de benvida e o horario das actividades que ofertamos. -O comezo das actividades será o 18 de outubro. -O plazo para presentar a folla de inscrición, a domicilización bancaria e a declaración responsable é do 5 ao 11 de outubro. -Presentarase única e exclusivamente por correo electrónico e terase en conta a orde de entrada. correo electrónico: anpadoforte@gmail.com Premede nos adxuntos para acceder aos documentos Atentamente A directiva da ANPA "O Forte" |
APA O Forte
ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN DO HORARIO EDUCATIVO
ASAMBLEA XERAL ORDINARIA ANPA O FORTE
A ANPA O Forte convoca aos seus socios a súa Asamblea Xeral Ordinaria.
- Data: xoves 17 de xuño.
- Hora: 19:30 horas en primeira convocatoria e 20:00 en segunda.
- Lugar: Patio cuberto do edificio de secundaria.
Atentamente
A directiva
ENQUISA SOBRE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2021/22
Dende a ANPA O Forte estamos a traballar na organización das actividades extraescolares para o curso 2021/22. Intentaremos dar a maior resposta posible ás necesidades de conciliación das familias, pero para iso necesitamos a vosa colaboración respondendo a esta enquisa Enquisa actividades extraescolares. ANPA O FORTE En función das vosas respostas orientaremos as nosas actuacións. Rogamos a maior difusión posible. A directiva da Anpa o Forte |
CHARLA INFORMATIVA SOBRE O CAMBIO NO CALENDARIO LECTIVO. CURSO 2021/22
A Confederación de ANPAS Galega vén de poñerse en contacto con nós para comentarnos que o xoves 6 de maio ás 21:00 organizarán unha charla on line para explicar polo miúdo a proposta do novo calendario escolar que a Xunta quere implantar para o curso 2021/2022.
As familias interesadas, enviade un correo electrónico a anpadoforte@gmail.com confirmando a vosa asistencia e se vos enviará un link para entrar na reunión.
CHARLA TELEMÁTICA SOBRE O USO RESPONSABLE DOS VIDEOXOGOS
Dende a Federación de ANPAS Compostela en colaboración coa Comisión de Familias da Asociación Pedagóxica MudarE invitámosvos á primeira charla dun ciclo que estamos a organizar sobre un tema cada vez máis presente nas nosas vidas como son os videoxogos.
As nosas crianzas cada vez pasan máis e máis horas con eles, sen embargo as familias sabemos moi pouco sobre os mesmos e os efectos que poden ter. Por iso preparamos un ciclo de charlas que sirvan para concienciar sobre un uso responsable dos mesmos.
SUXESTIÓNS DE TEMAS A TRATAR NOS CONSELLOS ESCOLARES
A ANPA "O Forte", como asociación que representa as nais e pais dos/as alummos/as do CPIP Antonio Orza Couto, queremos comunicar ás familias que temos un vogal da directiva que asiste ás reunión do Consello Escolar en representación da ANPA e que os dous representantes das familias no Consello Escolar, tamén son socios.
Segundo o artigo 5 do Real Decreto 1533/1986 do 11 de xullo, polo que se regulan as asociacións de pais de alumnos, que establece as finalidades das anpas , é unha función das anpas facilitar a representación e a participación dos pais/nais do alumnado nos consellos escolares dos centros púbicos.
De acordo co anterior, INFORMAMOS:
Que podedes mandar ao correo electronico da ANPA (anpadoforte@gmail.com) todas as suxestións que estimedes oportunas e que teñan relación coas funcións do consello escolar, para tratalas nas próximas reunións, ben sexa na rolda de intervencións ou propoñelas como asuntos a tratar na orde do día.
O próximo xoves 28 de xaneiro celébrase unha reunión ordinaria do Consello Escolar, dende a ANPA enviamos un escrito á dirección do centro para propoñer que se tratara na orde do día o cumprimento dos diferentes protocolos para atención ao alumnado con necesidades educativas especiais.
A directiva da ANPA O Forte
PROCEDEMENTO PARA FACERSE SOCIO
Para poder participar das actividades extraescolares e demáis servizos que a ANPA poña en marcha é requisito indispensable ser socio da mesma.
A cota de socio son 25 euros por unidade familiar e curso escolar.
Deberá facerse unha transferencia por ese importe á conta da ANPA antes do 31 de decembro especificando o seguinte:
- COTA SOCIO FAMILIA +APELIDOS DO/S MENOR/ES
Ex: Cota socio familia Pérez Reboredo
Número de conta: ANPA O FORTE
ABANCA ES95 2080 0320 2630 4000 2021
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA O FORTE
Estimadas familias: Dende a ANPA queremos dar a benvida a todos e todas. Comeza un curso atípico, no que, pola situación sanitaria actual, foinos imposible ofertar as actividades de conciliación que inicalmente tiñamos programadas. Por ese motivo as actividades extraescolares vanse desenvolver dun xeito telemático. Para participar teredes que enviar cuberta a ficha de inscrición ao correo electrónico anpadoforte@gmail.com antes do 10 de outubro. Agradecemos a vosa colaboración IMPORTANTE: Ampliación do plazo de inscrición ao 13 de outubro A directiva |
INFORMACIÓN IMPORTANTE
Estimadas familias:
Dende antes do comezo desta pandemia, e durante o confinamento a ANPA ven traballando para que se solucionasen os problemas graves de limpeza e seguridade que se viñan producindo dende hai xa anos no colexio; mandáronse queixas a Inspección educativa a través da dirección do centro e tamén ao Concello (responsable directo da limpeza e do mantemento dos sistemas de seguridade e antiincendios).
Por parte do Concello houbo colaboración e comprometéronse a ter as instalcións listas para o inico deste novo curso, moi complicado debido á situcación que estamos a vivir causada polo COVID-19.
Pois ben, a día de hoxe, estanse a subsanar as deficiencias no sistema antiincendios e de seguridade pero non así, as relativas á limpeza do centro; comprobando esta mañán nunha visita que seguen a ser moi visibles. Esta ANPA púxose de inmediato en contacto co Alcalde de Boqueixón e concertamos unha xuntanza no centro á que tamén asistiu o director e un empregado da empresa de limpeza ao que lle trasladamos o noso profundo malestar e enfado ante esta situación.
Dito traballador quedou en transmiitir todo o que se lle dixo ao xerente da empresa.
No que atinxe ao Concello, tamén se lle deu un ultimatum.
Consideramos que todas as famlias deben coñecer a situación e comunicámosvos que, de non se correxir, seguiremos a traballar, en colaboración co centro, para conseguir solventalas.
NOTA INFORMATIVA SOBRE AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (ANPA O FORTE)
Benqueridas familias:
Esperamos e desexamos que vos atopedes ben.
Ante a situación sanitaria que estamos a padecer, resulta inviable o lanzamento da oferta de actividades tal e como o viñamos facendo en anos anteriores. En primeiro lugar porque así o desaconsellan dende Consellería de Educación no punto 12.3 do protocolo enviado aos centros onde dí: As actividades das ANPAs celebraranse preferentemente por medios telemáticos evitando en todo caso a xuntanzas que supoñan un número elevado de persoas, e en segundo lugar, porque os riscos a asumir, de producirse algún gromo, son moi elevados.
O primordial neste momento é tentar manter a saúde xerando o menor número de grupos de contacto posibles. Por este motivo a ANPA, polo de agora, só vai lanzar aquelas actividades que se poidan facer de xeito telemático, e a partir do mes de outubro.
Dende o Concello de Boqueixón, sí se está a ofertar actividades de conciliación (madrugadores e tardes educativas e de lecer) para aquelas familias que o necesiten.
Non obstante, se a situación sanitaria se estabiliza, e xa de cara ao segundo trimestre, volveríamos a ofertar actividades presenciais.
Atentamente
A directiva da ANPA O Forte
INFORMACIÓN SOBRE O PAGO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. ESTADO DE ALARMA
Como consecuencia da situación que estamos a padecer pola pandemia do COVID-19 comunicamos que NON se vai proceder ao cobro das actividades extraescolares da ANPA do mes de abril.
En canto se reanude a actividade lectiva, informaremos de como procederemos coa recuperación da quincena perdida de marzo e o reinicio dos cobros.