BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNOS/AS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O ministerio de educación vén de publicar a convocatoria  de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE).

Prazo de presentación: do 19 de maio ao 30 de setembro.

Lugar de presentación:  Na secretaría do centro.

Se queredes acceder a toda a información do procedemento, preme aquí

GAÑADORES DO SORTEO "GAÑA E LE" DA ANPA O FORTE

Tagged:  

Xa temos gañadores do sorteo GAÑA E LE da nosa ANPA 

Tal e como comunicamos no anuncio do concurso , o 17 de maio

celebramos un sorteo virtual, coa colaboración do CONCELLO DE BOQUEIXÓN, entre todas as familias socias da ANPA

dun vale de 60 € para gastar na librería Lino de Lestedo.

Podedes ver cómo se desenvolveu o sorteo premendo neste vículo:

https://drive.google.com/file/d/1xp7m7csp0eqlyBCE6LzSMJImQ5a3uZ23/view?usp=sharing

Os gañadores foron a Famillia Sánchez Carpinteiro.  

Parabéns

 

Velaiquí tedes a Sara recollendo o seu premio.

Agora, a ler!.

A directiva da ANPA O Forte

FONDO SOLIDARIO, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL. CURSO 2022/23

Aberto o prazo para solicitar o FONDO SOLIDARIO de Libros de texto (3º/4º/5º 6º Primaria e 4º/3º ESO)AXUDAS para adquirir libros de texto (1º/2º Primaria) e AXUDAS para material escolar (Todo o alumnado de Primaria e ESO).

Presentación de forma electrónica (Aplicación Fondolibros) ou presencialmente no centro.

Prazo de presentación: do 19 de maio ao 22 de xuño (este último incluído).

Aquí tedes vínculos á toda información necesaria:

RESUMO INSTRUCIÓNS

Anexo I  e  Anexo II

Orde do 29 de abril (DOG18/05/2022)

Enlace á aplicación

Cadro resumo coas axudas

ACTIVIDADE DE VELA. 1º E 2º DE ESO

Tagged:  

Hai unhas semanas o alumnado de 1º e 2º de ESO fixeron unha saía didáctica ao Porto do Freixo, en Outes para iniciarse na práctica da VELA.

Dende o centro náutico municipal do Freixo, acaban de enviarnos unha reportaxe gráfica que demostra o ben que o pasaron.

Premede nos enlaces que vos deixamos para velas

1º ESO https://photos.app.goo.gl/4aL2tT2dcTf8ad9M9

2º ESO https://drive.google.com/drive/folders/1HrzuQpEhYc-eQegxJQcylHu7dVWxUGjK

TETTAMANCY:"QUE FAGO EU EN BOQUEIXÓN?"

Tagged:  

Logo de semanas de traballo, presentámosvos o resultado do proxecto realizado por alumnado de 3º da ESO sobre a figura de Francisco Tettamancy Gastón e a relación que atopamos entre este autor e Boqueixón. O proxecto estivo coordinado pola profesora de Lingua Galega, Marifé Pérez García e pola coordinadora do equipo de dinamización da Biblioteca, Lina Mª González López.

Aproveitamos tamén para darlle as grazas á veciñanza de Lestedo e a Rocío Liñares por cedernos desinteresadamente os traxes de xenerais.

Velaquí tedes o resultado!

SORTEO GAÑA E LE DA ANPA O FORTE

Tagged:  

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, a ANPA do CPIP Antonio Orza Couto, celebraremos un sorteo entre todas as familias socias da ANPA, dun vale por valor de 60 euros.

O vale será para escoller LIBROS EN GALEGO, na Librería LINO de Lestedo.

O sorteo farase a través da aplicación AppSorteos e informaremos do mesmo a través das nosas redes sociais.

Contactaremos co gañador por correo electrónico.

Moita sorte a todos.

A directiva da ANPA O Forte

NOVOS CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN NA ESO

 

Para maior información sobre a titulación e promoción e os criterios de cada materia, premde  aquí

ACTUACIÓNS NO MUSIQUEANDO

Tagged:  

O xoves 28 de abril celebramos o Musiqueando 2022- #nosimportalamusica xunto con moitos outros centros de toda España.

Nun pequeno concerto, o alumnado de 1º e 2º da ESO animouse a compartir con nós o que fan na clase de Música e a interpretar unha coreografía de "Terra" feita para a ocasión por Artur Puga, bailarín que acompañou ás Tanxugueiras no Benidorm Fest.

Para os que non tivestes a oportunidade de asistir, aquí vos deixamos este vídeo coas actuacións. Desfrutádeo!

GAÑADORAS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS

Tagged:  

Aquí tedes as gañadoras do Concurso de Microrrelatos ¡Sea breve, por favor!:

Uxía Verde Gómez por "Amor"

Nerea Mareque Vázquez por "El pozo"

Aldara Prado Giadás por "Una visita inesperada"

A entrega de premios terá lugar na Biblioteca este venres, día 6 de maio, durante o primeiro recreo. Non dubidedes en pasar por alí.

Noraboa ás premiadas e a todxs xs participantes!

O XOVES MUSIQUEAMOS!

Tagged:  

Este xoves 28 de abril o alumnado de 1º e 2º da ESO participará na convocatoria Musiqueando 2022-#nosimportalamusica, de concertos escolares na rúa e que se celebrará simultáneamente en toda España.

O obxectivo desta convocatoria é sacar a música das aulas e facer un pequeno concerto, que nós celebraremos no patio do edificio de Secundaria de 11:45 a 12:50h.

Neste pequeno concerto poderedes escoitar algún dos temas que estivemos a traballar na materia de Música, así como unha coreografía da canción "Terra" de Tanxugueiras feita especialmente para esta actividade por Artur Puga, bailarín do grupo participante no Benidorm Fest.

Pasade a desfrutalo!

RECOMENDACIÓNS PARA O DÍA DO LIBRO 2022

Tagged:  

Desde a biblioteca queremos compartir con tod@s vós as nosas recomendacións lectoras para que desfrutedes nesta Semana do Libro. Ademais, podedes consultar outras propostas interesantes que nos están a chegar a través da nosa conta de Instagram @biblioforte.

Boa lectura!

ACTIVIDADES LITERARIAS PARA ABRIL!

Tagged:  

Chega o mes de abril e con el unha chuvia de actividades literarias para conmemorar o Día do Libro.

Ademais das propostas que faremos por clase, queremos propoñervos algunhas actividades para as que pedimos a vosa colaboración: 

  • En primeiro lugar queremos que vos convirtades en "booktubers" e nos enviedes un vídeo ao correo da biblio (bibliotecaforte@gmail.com) recomendando un libro e explicando que é o que ten que o fai tan especial. Recompilaremos os vídeos e publicarémolos durante a Semana do Libro para que poidades descubrir novas lecturas.


  • Que o teu non é o vídeo? Non importa, tamén podes enviar unha foto artística do libro que queiras recomendar e explicar os motivos da túa escolla. Pode ser a través do correo anterior ou do Instagram co hashtag #amiñalecturarecomendada e etiquetándonos (@biblioforte)


  • Se o que che gusta é escribir, tamén temos actividades para ti! Podes participar no concurso de microrrelatos en lingua castelá que organizamos para o alumnado de Secundaria.  Podedes consultar as bases no noso blog ou ben no noso Instagram.

Animádevos, tedes ata o 20 de abril!

9ª CONVOCATORIA DE BOLSAS EUROLINGUAS

9ª convocatoria de bolsas eurolingua para a realización de cursos de inglés

en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de

inmersión todo incluído.

PRAZO DE SOLICITUDE: ata as 23:59h do 13 de abril do 2022

Para saber os REQUISITOS

Para solicitar a bolsa, preme aquí

CARREIRA SOLIDARIA EN FAVOR DA ONG "SAVE THE CHILDREN"

DÍA DA ACTIVIDADE FÍSICA

CARREIRA SOLIDARIA EN FAVOR DE "SAVE THE CHILDREN"

Todo o recadado irá destinado a paliar a fame no corno de África

DATA: 6 de abril

LUGAR: Campo de fútbol do Forte

HORA: A partir das 12:00h

Animádevos a participar!!!

"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode mudar o mundo"

Eduardo Galeano

CURSO DE DEFENSA PERSONAL PARA O ALUMNADO

A longo de toda esta semana o alumnado de Educación Secundaria e de 6º de Educación Primaria asistirán durante as horas de Educación Física a un curso de Defensa Persoal promovido pola ANPA O Forte en coordinación co departamento de Educación Física do centro que será impartido por instrutores da Escola  Judo Club.

Esperamos que o aproveiten ao máximo!!

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013