COMUNICADO DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA “O FORTE” RELATIVA Á COTA DE SOCIO/A

A Xunta directiva da ANPA “O Forte”, do CPIP Antonio Orza Couto de Boqueixón, tivo coñecemento nesta semana, a través dun correo electrónico da Federación Galega de Anpas “Compostela”, da que somos socios, que non se pode obrigar ás familias, que queiran participar nas actividades de ampliación do horario educativo, a pagar a cota de socio.

Polo que, con este comunicado queremos corrixir o dito no escrito de benvida que se entregou ás familias, o pasado 5 de outubro deste ano e pedir desculpas por mandar unha información errada da que non tiñamos constancia nese momento.

Para as familias que non queiran pagar a cota de socio, pedimos por favor, que nolo indiquedes mediante correo electrónico a: anpadoforte@gmail.com, no caso de que xa a pagarades e queredes que se devolva ou para quen se lle ía cobrar coa primeira mensualidade.

Mandamos nun documento adxunto a información que nos fixeron chegar por si é de interese para algún de vos.

O Forte, 18 de outubro de 2021

Atentamente,

A Xunta directiva

Nota: Sabede que cantos máis socios/as teña a Anpa, máis forza teremos para loitar e axudar en calquera cuestión relacionada cós alumnos/as do centro educativo, como a xestión de suxestións, queixas, . Tamén é un medio para poder organizar charlas, talleres, … e outras actividades en beneficio dos nosos fillos/as.

ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN DO HORARIO EDUCATIVO

Tagged:  

Estimadas Familias:

Dende a directiva da ANPA "O Forte" queremos darvos a benvida a este novo curso escolar.

Despois de que o 4/10/2021, en reunión extraordinaria, o Consello escolar do centro aprobara o Programa de actividades e o Plan de Continxencia presentado pola nosa ANPA

COMUNICAMOS:

- No día de hoxe todo o alumnado leva á casa unha carta de benvida e o horario das actividades que ofertamos.

-O comezo das actividades será o 18 de outubro.

-O plazo para presentar a folla de inscrición, a domicilización bancaria e a declaración responsable é do 5 ao 11 de outubro.

-Presentarase única e exclusivamente por correo electrónico e terase en conta a orde de entrada.

correo electrónico:  anpadoforte@gmail.com

Premede nos adxuntos para acceder aos documentos

Atentamente

A directiva da ANPA "O Forte"

TÍTERES BRINCADEIRA

Hoxe fixemos a inaguración do curso cos mais pequenos do cole.  Logo de finalizar o período de adaptación os de 4º de infantil, e xa todos ao completo.

Recibimos aos Títeres Brincadeira da man de Carmen Domech, que fixo a delicia das nenas e nenos de 4º, 5º  e 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria.

COMEZO DO CURSO 2021/22

Pasou o verán (para moitos de nós durou só un suspiro) e chegou o comezo dun curso repleto

de novidades. Como seguro que xa vos comentaron os vosos fillos e fillas, para facer máis

levadeiros estos comezos, que para algúns son algo duros, o alumnado de 3º,4º, 5º e 6º de primaria

disfrutou da actuación de PACO NOGUEIRAS e damos fé de que o pasaron en grande.

O alumnado de secundaria da comezo hoxe a súa andaina neste novo curso académico.

Como xa vos comentamos nas reunións de titoría de onte, a última hora da mañán

van presenciar un espectáculo de maxia da man de "Magia en la Manga". 

Esperamos que o difruten!!

TITORÍAS EDUCACIÓN SECUNDARIA

Comunicamos datas e horario das reunións iniciais de curso de Educación secundaria:

 1º ESO:

Data: Martes 14 de setembro

Hora: 16:30h

Lugar: Aula de tecnoloxía do Edificio de Secundaria.

2º ESO:

Data: Martes 14 de setembro

Hora: 17:00h

Lugar: Aula de tecnoloxía do Edificio de Secundaria.

3º ESO:

Data: Martes 14 de setembro

Hora: 17:30h

Lugar: Aula de tecnoloxía do Edificio de Secundaria

4º ESO:

Data:  Martes 14 de setembro

Hora: 18:00h

Lugar: Aula de tecnoloxía do Edificio de Secundaria

Por motivos de protocolo COVID rogamos que só asista unha persoa por alumno

TODO O ALUMNADO RECIBIRÁ O PRIMEIRO DÍA DE CLASE UNHA AXENDA ESCOLAR

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS FONDO DE LIBROS. 2021/22. EDUCACIÓN SECUNDARIA

Para coñecer a listaxe provisional do alumnado que  solicitou axudas  para adquisición de libros de texto   e material escolar, debe acudir ao centro a consultalo no taboleiro de anuncios ou comunicarse co colexio.

Teléfono:881866778

correo electrónico: cpi.antonio.orza.couto@edu.xunta.gal

Plazo de reclamacións: Ata o xoves 9 de setembro

Publicación da listaxe definitiva: venres 10 de setembro

Aclaración: Segundo o  artigo 13 da orde do 6 de maio, (ver orden), estos actos  publicaranse única e exclusivamente no el taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando o sistema Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre.

REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Procedemos a comunicar as datas e horarios de reunións de principio de curso:

EDUCACIÓN INFANTIL

Data: mércores 8 de setembro

Hora: 16:30H

Lugar: Salón de actos

1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Data: mércores 8 de setembro

Hora: 17:30H

Lugar: Salón de actos

4º 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Data: mércores 8 de setembro

Hora: 18:30H

Lugar: Salón de actos

POR MOTIVOS DE SEGURIDADE DO PROTOCOLO COVID, PRÉGASE ASISTENCIA DUNHA SOA PERSOA POR FAMILIA. GRAZAS

LISTADO DE MATERIAIS 4º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 E 5 ANOS)

Xa tedes a vosa disposición as listaxes de material de 4º e 6º curso de educación  infantil:

- 4º Educación Infantil

- 6º Educación Infantil

É aconsellable entregar o material antes do comezo das clases, en horario de 09:00 a 14:00, na aula de infantil.

BENVIDA

Estimadas familias, membros en xeral da comunidade educativa do CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto:

O novo equipo directivo, que  exerce como tal dende  o 1 de xullo do ano corrente, quere saudarvos e presentarse a todos vós non sen antes lembrar e agradecer a gran labor feita polo anterior director D. Jose Manuel Silva Rodríguez ao longo de tantos anos, da secretaria Dna. Nieves Domínguez Del Río e dos xefes de estudos que con eles formaron o equipo directivo.

A partires deste novo curso que comeza 2021-2122, queremos traballar de xeito colaborativo coa ANPA "O Forte", co Concello de Boqueixón e con todos vos, coa intención de sumar os máximos esforzos posibles para levar a cabo o noso proxecto, do que queremos que sexades partícipes.

Quedamos a vosa diposición, os representantes do equipo directivo:

  • Director: Ángel Manuel Maciñeiras Nuñez
  • Secretaria: María Paz Gago
  • Xefa de estudos de Primaria: María Esther Costal Vilanova
  • Xefe de estudos de Secundaria: Manuel Rodís Martínez

CONCILIACIÓN CONCELLO BOQUEIXÓN CURSO 2021/22

Estimadas familias:

Xa queda menos para o comezo do novo curso escolar.

Dende o Concello de Boqueixón pídennos que demos publicidade á oferta de conciliación que se desenvolverá nas instalacións do noso centro: madrugadores e tardes de lecer.

O prazo para solicitala remata o 31 de agosto.

Premede no documento adxunto para ter acceso á información correspondente.

ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO. 3º, 4º 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2021/2022

 DATAS DE ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

  • Luns 26 xullo: 3º e 4º de Educación Primaria.             Horario:de 10:00h a 13:00h
  • Martes 27 de xullo: 5º e 6º de Educación Primaria.  Horario: de 10:00h a 13:00h

A entrega farase no edificio de Educación Secundaria.

Para calquer dúbida 881866778

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013