ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO. 3º, 4º 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2021/2022

 DATAS DE ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

  • Luns 26 xullo: 3º e 4º de Educación Primaria.             Horario:de 10:00h a 13:00h
  • Martes 27 de xullo: 5º e 6º de Educación Primaria.  Horario: de 10:00h a 13:00h

A entrega farase no edificio de Educación Secundaria.

Para calquer dúbida 881866778

LISTAXE PROVISIONAL FONDO DE LIBROS. 2021/22. EDUCACIÓN PRIMARIA

SO PARA ALUMNOS DE PRIMARIA.

SECUNDARIA RESÓLVESE EN SETEMBRO.

Para coñecer a listaxe provisional do alumnado que  solicitou axudas  para adquisición de libros de texto   e material escolar, debe acudir ao centro a consultalos no taboleiro de anuncios ou comunicarse co colexio.

Teléfono:881866778

correo electrónico: cpi.antonio.orza.couto@edu.xunta.gal

Plazo de reclamacións: Ata o 12 de xullo

Aclaración: Segundo o  artigo 13 da orde do 6 de maio, (ver orden), estos actos  publicaranse única e exclusivamente no el taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando o sistema Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre.

VALES DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL

Aquelas familias ás que lles corresponda, xa poden pasar pola secretaría do centro a retirar:

  • VALE PARA A ADQUISICÓN DE LIBROS DE TEXTO (1º e 2º de Educación primaria).
  • VALE PARA MATERIAL ESCOLAR (primaria e secundaria).

Rogamos que traian o seu propio bolígrafo para asinar a retirada.

Horario de secretaría: de 09:30h a 13:30h

Fora dese horario, chamar ao teléfono 881866778

HORARIOS DOS EXAMES DE SETEMBRO

         1 DE SETEMBRO         
09:00h  Música/Música Viaxeira/Lingua Galega 
10:00h  Xeografía e Historia
11:30h  Bioloxía e xeoloxía
12:30h  Física e Química
2 DE SETEMBRO
09:00h  Inglés
10:00h  Matemáticas
11:30h  Lingua Castelá
12:30h  Tecnoloxía

a

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS E DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO
6 DE SETEMBRO
1º ESO     09:30h 2º ESO     09:45h
3º ESO     10:00h 4º ESO     10:00h

a

PLAZO EXTRAORDINARIO DE MATRICULACIÓN
DO 1 AO 10 DE SETEMBRO

A

PERÍODO DE RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS
6 E 7 DE SETEMBRO: DE 11:00 A 13:00H

LISTADO DE LIBROS E MATERIAL 5º EDUCACIÓN INFANTIL. CURSO 2021/22

Xa tedes dispoñible o listado de libros e material para o 5º curso de Educación Infantil.

Para o resto dos cursos de Educación infantil, esperaremos a comunicalos cando estén asignados os titores.

CALENDARIO FINAL DE CURSO

Achégase a fin do curso.

Neste documento tedes datas importantes a ter en conta:

  • Devolución de libros
  • Entrega de notas
  • Período de reclamacións
  • Prazos de matrícula (só para Secundaria e alumnado novo)

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Tagged:  

Estamos a piques de rematar o curso e desde a biblioteca queremos contribuír a que pasedes un verán fabuloso propoñéndovos algunhas lecturas que seguro vos van gustar.

Lembrade que podedes levalas en préstamo durante o verán e que temos dispoñibles máis materiais para escoller. 

Pasade a descubrilos!!

 

FORMULARIOS DE MATRÍCULA CURSO 2021/22

Educación Infantil Formulario de matrícula
Cuestionario lingua materna
Autorización contorna
Autorización imaxe
Educación Primaria Formulario de matrícula
Autorización Imaxe
Autorización contorna
Educación  Secundaria  Formulario de Matrícula
 Autorización contorna
 Autorización imaxe
 Formulario de matrícula
 Autorización contorna
 Autorización imaxe
 Formulario de matrícula
 Seguro Escolar
 Autorización contorna
 Autorizción imaxe
 Formulario de matrícula
 Seguro Escolar
 Autorización contorna
 Autorizción imaxe

Educación Infantil e Educación Primaria só teñen que presentar o formulario de matrícula o alumnado que se matricula por primeira vez neste centro (4º Infantil, 1º de primaria procedente do CRA, e alumnado procedente doutros centros).

Todo o alumnado ten que presentar as autorizacións da contorna e da imaxe

PRAZO DE MATRÍCULA PARA INFANTIL E PRIMARIA: Do 20 ao 30 de xuño.

PRAZO DE MATRÍCULA PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA: Do 24 de xuño ao 10 de xullo.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO. EDUCACIÓN SECUNDARIA. CURSO 2021/22

Xa podedes consultar a listaxe de libros de texto de educación secundaria para o curso 2021/22:

ENQUISA SOBRE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2021/22

Tagged:  

Dende a ANPA O Forte estamos a traballar na organización das actividades extraescolares para o curso 2021/22.

Intentaremos dar a maior resposta posible ás necesidades de conciliación das familias, pero para iso necesitamos a vosa colaboración respondendo a esta enquisa

Enquisa actividades extraescolares. ANPA O FORTE

En función das vosas respostas orientaremos as nosas actuacións.

Rogamos a maior difusión posible.

A directiva da Anpa o Forte

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO. CURSO 2021/22

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 6 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Para participar, deberanse presentar cumprimentados o Anexo I e o Anexo II xunto cunha copia do libro de familia.

Prazo de presentación: Do 21 de maio ao 22 de xuño ámbolos dous incluídos.

Lugar de presentación: preferiblemente a través da sede electrónica (aplicación fondolibros) ou por correo electrónico a cpi.antonio.orza.couto@edu.xunta.es, en último caso na secretaría do centro intentando traer os documentos cubertos da casa.

Horario de atención de secretaría: De 10:00h a 13:00h

Teléfono de atención: 881866778

Premede no documento adxunto para ver o resumo da convocatoria.

LISTAXE DE PREMIADOS NOS DIFERENTES CERTAMES

O equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega vén de comunicar os gañadores dos diferentes concursos convocados.

Premede no nome dos gañadores para poder ver as súas obras.

VII Concurso de debuxo Sentir en Galego: Galiza, célula de universalidade.
XII Concurso de poesía Sentir en Galego: e ti, es ecoloxista da lingua galega?
I Concurso humorístico: brincadeiras para escachar coa risa.

Para visualizardes os tres vídeos premiados, accedede a través da seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1sODPgDsQPN76gXluuIdDbMQyl1bu287b/view?usp=sharing
  • Ed. Secundaria: sen beneficiario.
  • Ed. Primaria: Nora Rouco González (2º) e Iria Munín Caramés (5ºA)
  • Ed. Infantil: Brais Otero Barral, 4º Ed. Infantil (3 anos).

Parabéns a tódolos premiados

MATRÍCULA /RESERVA CURSO 2021-22

O alumnado matriculado no presente curso lectivo en 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e en 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria NON SERÁ NECESARIO que presente o documento de confirmación de continuidade de matrícula para o curso 2021/2022.

Este alumnado será matriculado por defecto para o curso 2021/2022  nas mesmas opcións de matrícula (Relixión /Valores) que o curso actual.

Aquelas familias que desexen cambiar de opción de matrícula deberán comunicalo por correo electrónico cpi.antonio.orza.couto@edu.xunta.gal antes do 22 de xuño.

PRAZO DE MATRÍCULA (para o alumnado novo e o que curse Secundaria no curso 2021/22):

Para o alumando novo: Do 20 ao 30 de xuño.

Para o alumnado de secundaria: do 25 de xuño ao 10 de xullo.

PRAZO EXTRAORDINARIO DE MATRÍCULA (só para aqueles alumnos de Secundaria que non aproben todo en xuño):

Do 1 ao 10 de setembro

Teléfono de secretaría: 881 866 778

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013