CONECTIVIDADE E RECURSOS DO ALUMNADO NA CASA

Tagged:  

Ante a situación de incerteza que estamos a vivir coa pandemia do Covid-19 e ante a posibilidade de que durante un tempo parte ou a totalidade do alumnado non poida asistir ao centro educativo debido a un posible confinamento, rogamos cubrades o formulario que aparece na seguinte ligazón co fin de coñecer a dispoñibilidade das familias en canto a medios informáticos e conectividade a internet.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

https://forms.gle/fABPZqZLNztfHHGi8

INSTRUCIÓNS INICIO DE CURSO 2020/21

Estimados Pais/nais:

Ante a situación tan difícil que nos toca afrontar, o  centro, atendendo ao protocolo publicado pola Consellería de Educación, puxo tódolos medios para adaptarse á nova situación co obxectivo de que a permanencia no centro educativo sexa segura. Non obstante, debemos poñer todos da nosa parte para protexernos e protexer aos demais. "SE TE COIDAS TI COIDÁMONOS TODOS"

Rogamos que lean atentamente os anexos que adxuntamos

MOI IMPORTANTE

1.- No caso de que se detectase sintomatoloxía da infección SARS-CoV-2 (utilizar a enquisa clínico-epidemiolóxica que se describre no ANEXO I do protocolo que adxuntamos) O ALUMNO/A NON ACUDIRÁ AO CENTRO e a súa familia contactará inmediatamente co centro de saúde e avisará ao centro escolar.

2.- Cómpre presentar no centro escolar a declaración responsable que poden atopar nos arquivos adxuntos.

3.- É OBRIGATORIO O USO DA MÁSCARA A PARTIR DOS 6 ANOS durante toda a xornada lectiva, incluído o transporte. Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo o comedor.

4.- As familias que traian ou recollan aos seus fillos no centro escolar deben permanecer fóra do recinto escolar gardando a distancia de seguridade.

5.- O profesorado titor poñerase en contacto coas familias en canto lle sexa posible.

6.- Non haberá recepción de inicio de curso non salón de actos. O alumnado será recibido polo profesorado e de seguido incorporarase ás aulas.

TRANSPORTE ESCOLAR. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Seguindo as instrucións da Secretaría Xeral e da Dirección de centros, deben cumprimentar a autorización correspondente para a recollida e baixada dos alumnos nas paradas e remitila ao centro a través do correo electrónico ou presencialmente, na secretaría.

LISTAXE DE LIBROS CURSO 2020/21. EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA

Xa tedes a vosa disposición a listaxe de libros de texto para o curso 2020-21

Premedes nos documentos adxuntos para acceder a eles.    

3º ESO: Matemáticas . Temas 7, 8, 9

Tagged:  
16.02.2024
Europe/Madrid

CPINNOVA

CPINNOVA

CPINNOVA

CPINNOVA

CPINNOVA

CPINNOVA

CPINNOVA

CPINNOVA

CPINNOVA

4ºESO A-B: Inglés Exame 1

Tagged:  
08.11.2023
Europe/Madrid

Inglés 1ºESO: exame do libro de lectura.

Tagged:  
19.06.2023
Europe/Madrid

Exame de Inglés 4ºESO

Tagged:  
25.05.2023
Europe/Madrid

Exame lingua castelá 4º ESO

Tagged:  
09.05.2023
Europe/Madrid
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013