CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA. GLOBAL HUMANITARIA

Campaña Solidaria Recogida de Ropa y Calzado usado – Jesuitinas Murcia

Estimadas familias:

Coa colaboración de Mariola Solidaria comunicámoslle a realización da Campaña Solidaria de recollida de roupa a beneficio da ONG Global Humanitaria.

A recollida terá lugar o 5 de outubro polo que ao longo destas semanas, e ata o 4 de outubro, poderedes traer a bolsa que van levar os cativos e cativas a casa chea de roupa e calzado en bo estado que xa non usedes.

Contamos coa vosa colaboración

   

BENVIDA AO NOVO CURSO. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Tagged:  

Estimadas familias:

Cun pouco de retraso e moito traballo, por fin podemos anunciarvos que a ANPA " O Forte" do CPIP Antonio Orza Couto, dispón dunha páxina web:

www.anpaoforte.com

que nos vai servir para informarvos e organizar as actividades extrescolares de cada curso escolar e como medio de difusión de toda aquela información que nos chegue e que poida ser do voso interese.

Invitámosvos a que entredes, vexades o contido e nos axudedes a difundila.

En relación ás actividades extraescolares deste Curso escolar 2022/23 son as que seguen (podedes ampliar a info en www.anpaoforte.com)

-Prazo de inscrición: do 22 ao 30 de setembro

-Publicación das actividades extraescolares nas que se formou grupo: 2 de outubro.

-Comezo das actividades: 3 de outubro.

(Informarémosvos se hai algunha actividade que non poida comezar o 3 de outubro polas obras que se están a facer no Ximnasio municipal)

Importante: A partir de agora, esta Xunta directiva usará indistintamente a nosa páxina web, a do colexio, o Facebook ou o correo electrónico para mandarvos información, polo que estade atentos/as.

PESAR POLO FALECEMENTO DUN MEMBRO DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA

A Comunidade Educativa do CPIP Antonio Orza Couto está de loito polo pasamento dun dos seus membros, Francisco Javier Granja Fernández, pai do alumno Xoel Granja Suárez e da Exalumna Uxía Granja Suárez, e membro do Consello escolar.

Non temos verbas para expresar a profunda dor que esta triste noticia nos produce.

O noso mais sentido pésame á súa familia e achegados.

Descanse en paz

ESPECTÁCULO MUSICAL COS PAPABUIS.

O venres 16 de setembro ás 12:10h o alumnado de Educación infantil e 1º e 2º de Educación primaria presenciarán o espectáculo "A igualdade non ten idade"  da man dos Papabuis.

Esperamos que o disfruten.

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (ANEAE)

Recordamos que continúa aberto o prazo para solicitalas bolsas de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ANEAE) que remata o 30 de setembro.

Enlace á páxina do ministerio:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

ACREDITACIÓN DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

Tagged:  

Nuevas estadísticas sobre el aprendizaje de lenguas extranjeras - INTEF

Resolución do 10 de xuño de 2022, da Direccion Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, regula a xestión de probas de nivel lingüístico (B1, B2 ou C1) para o alumnado que curse 4º de ESO no curso 2022/2023.

O alumnado interesado e os seus responsables legais deberán cubrir un compromiso de participación e entregalo asinado na oficina do centro antes do 15 de setembro. O impreso para cubrir figura como adxunto ao final desta nova e pódese descargar premendo neste enlace.

O alumnado escollerá, asesorado polo profesorado de lingua estranxeira, o nivel de competencia da proba á que se presentará. Cada alumno e cada alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua, que será, preferentemente, a cursada como primeira lingua estranxeira. O centro seleccionará as probas ás que se presentará o alumnado con criterios de comodidade e proximidade. As familias encargaranse do traslado ao lugar do exame en caso de que este non se poida realizar no propio centro educativo.

A realización destas probas, que se desenvolverán durante o curso 2022/2023, recibirá financiamento da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Se a dotación económica non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, o centro seleccionará o alumnado participante por rigorosa orde de entrada da solicitude no rexistro do centro.

LISTAXE DE MATERIAS 4º E 5º DE INFANTIL CURSO 2022-23

Xa tedes á vosa disposición a listaxe de materiais para 4º e 5º curso de Educación Infantil:

- 4º Educación Infantil (3 anos).

- 5º Educación Infantil (4 anos)

MATERIAL PARA A MATERIA DE EDUCACIÓN PLÁSTICA PARA 1º, 3º E 4º DE SECUNDARIA

Material para Educación Plástica y Visual | IES ADEJE

A nova profesora de Educación Plástica e Visual de Educación Secundaria, Mara Renata Balsamo, facilitounos un listado de material necesario para o desenvolvemento da súa materia en 1º, 3º e 4º de ESO.

Listado de material plástica secundaria

O diario do capitán B.L.

Tagged:  

Non me podo sentir máis orgullosa ao publicar este novo libro de Diego Maceira: “O Diario do Capitán B.L.”.

 

Trátase dun diario que o Capitán B.L. xamais creía que escribiría, xa que só iba a celebrar a entrada do  novo ano 2022 cos seus compañeiros e compañeiras.

CLICA PARA LER

Ademais, contén unha marabillosas ilustracións de Xoán.

 

Esperamos que vos guste moito.

Alba

 

HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO EN XULLO

Tagged:  

Durante o mes de Xullo o horario de atención ao público será:

 

  10h a 13h.

Moitas grazas.

O FORTE NEWS

É un pracer para min publicar o último programa de O Forte News. Elaborado polos mellores reporteros: Aitor, Jose e David.

Esta edición está formada por diversas entrevistas para que todos os nenos e nenas de sexto de Educación Primaria teñan un bonito recordo.

https://drive.google.com/file/d/1zBh5sA1ivjhG368ybvgFD0aesbIaPOJX/view?usp=drivesdk

Esperamos que vos guste moito!!

Un agarimoso saúdo.

Alba.

 

ENTREGA DE NOTAS E FONDO DE LIBROS

Tagged:  

A hora de entrega dos boletíns de notas e da graduación o luns 27 e as datas a ter en conta para a participación no fondo de libros pódense ver no cartel ou pinchando na ligazón.

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Tagged:  

Xa está a piques de rematar o curso e desde a biblioteca queremos aproveitar para recomendarvos algunhas lecturas que seguro vos refrescarán no verán. 

Aproveitamos tamén para deixarvos uns fabulosos programas de radio elaborados polo alumnado de 2º da ESO sobre Florencio Delgado. Podedes escoitalos premendo aquí.

Boas vacacións!

CLASES DE TENIS GRATUITAS

A Federación Galega de Tenis en Colaboración

Coa Secretaría Xeral para o deporte e a

Secretaría de Igualdade, pon en marcha o Plan

Correspondables.     

A través deste plan os nenos e nenas terán clases de tenis gratuitas que será impartidas nas instalacións deportivas do Forte durante o verán (en horario de mañán) e en periodo lectivo a partir das 15:30.

Para anotarvos tedes que cubrir o seguinte formulario, no que escolleredes os días e as horas que prefirades e logo xa se poñen en contacto con vos vía telefónica

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd1MCx-v2KXUp0iRmdtNt4ZVCFGAvinve-jBnkZZNC-pgZAvQ/viewform

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013