Aquelas familias ás que lles corresponda, xa poden pasar pola secretaría do centro a retirar:
Rogamos que traian o seu propio bolígrafo para asinar a retirada. Horario de secretaría: de 09:30h a 13:30h Fora dese horario, chamar ao teléfono 881866778 |
VALES DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL
HORARIOS DOS EXAMES DE SETEMBRO
1 DE SETEMBRO | |
09:00h | Música/Música Viaxeira/Lingua Galega |
10:00h | Xeografía e Historia |
11:30h | Bioloxía e xeoloxía |
12:30h | Física e Química |
2 DE SETEMBRO | |
09:00h | Inglés |
10:00h | Matemáticas |
11:30h | Lingua Castelá |
12:30h | Tecnoloxía |
a
ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS E DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO | |
6 DE SETEMBRO | |
1º ESO 09:30h | 2º ESO 09:45h |
3º ESO 10:00h | 4º ESO 10:00h |
a
PLAZO EXTRAORDINARIO DE MATRICULACIÓN |
DO 1 AO 10 DE SETEMBRO |
A
PERÍODO DE RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS |
6 E 7 DE SETEMBRO: DE 11:00 A 13:00H |
LISTADO DE LIBROS E MATERIAL 5º EDUCACIÓN INFANTIL. CURSO 2021/22
Xa tedes dispoñible o listado de libros e material para o 5º curso de Educación Infantil. Para o resto dos cursos de Educación infantil, esperaremos a comunicalos cando estén asignados os titores. |
CALENDARIO FINAL DE CURSO
Achégase a fin do curso. Neste documento tedes datas importantes a ter en conta:
|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Estamos a piques de rematar o curso e desde a biblioteca queremos contribuír a que pasedes un verán fabuloso propoñéndovos algunhas lecturas que seguro vos van gustar.
Lembrade que podedes levalas en préstamo durante o verán e que temos dispoñibles máis materiais para escoller.
Pasade a descubrilos!!
FORMULARIOS DE MATRÍCULA CURSO 2021/22
Educación Infantil | Formulario de matrícula |
Cuestionario lingua materna | |
Autorización contorna | |
Autorización imaxe |
Educación Primaria | Formulario de matrícula |
Autorización Imaxe | |
Autorización contorna |
Educación Infantil e Educación Primaria: só teñen que presentar o formulario de matrícula o alumnado que se matricula por primeira vez neste centro (4º Infantil, 1º de primaria procedente do CRA, e alumnado procedente doutros centros).
Todo o alumnado ten que presentar as autorizacións da contorna e da imaxe
PRAZO DE MATRÍCULA PARA INFANTIL E PRIMARIA: Do 20 ao 30 de xuño.
PRAZO DE MATRÍCULA PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA: Do 24 de xuño ao 10 de xullo.
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO. EDUCACIÓN SECUNDARIA. CURSO 2021/22
Xa podedes consultar a listaxe de libros de texto de educación secundaria para o curso 2021/22: |
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO. EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2021/22
Xa tedes á vosa disposición a listaxe de libros para o curso 2021/22 |
ENQUISA SOBRE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2021/22
Dende a ANPA O Forte estamos a traballar na organización das actividades extraescolares para o curso 2021/22. Intentaremos dar a maior resposta posible ás necesidades de conciliación das familias, pero para iso necesitamos a vosa colaboración respondendo a esta enquisa Enquisa actividades extraescolares. ANPA O FORTE En función das vosas respostas orientaremos as nosas actuacións. Rogamos a maior difusión posible. A directiva da Anpa o Forte |
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO. CURSO 2021/22
A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 6 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Para participar, deberanse presentar cumprimentados o Anexo I e o Anexo II xunto cunha copia do libro de familia. Prazo de presentación: Do 21 de maio ao 22 de xuño ámbolos dous incluídos. Lugar de presentación: preferiblemente a través da sede electrónica (aplicación fondolibros) ou por correo electrónico a cpi.antonio.orza.couto@edu.xunta.es, en último caso na secretaría do centro intentando traer os documentos cubertos da casa. Horario de atención de secretaría: De 10:00h a 13:00h Teléfono de atención: 881866778 Premede no documento adxunto para ver o resumo da convocatoria. |
LISTAXE DE PREMIADOS NOS DIFERENTES CERTAMES
O equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega vén de comunicar os gañadores dos diferentes concursos convocados.
Premede no nome dos gañadores para poder ver as súas obras.
- Ed. Secundaria: Antía Silva Raviña (1º B).
- Ed. Primaria: Manuel Rey Dourado (5ºA).
- Ed. Infantil: Daniela Pérez Couto (5 anos).
- Categoría E - 3º e 4º DA E.S.O. Carla Gontán Iglesias (4 de ESO).
- Categoría D - 1º e 2º DA E.S.O. Andrea Rosende Sánchez (2º ESO B).
- Categoría C – 5º e 6º de Ed. Primaria. Simón Rouco González(5ºB).
- Categoría B – 3º e 4º Ed. Primaria. Adrián Martínez Rodríguez (3º).
- Categoría A – 1º e 2º Ed. Primaria. Noemí Calveiro Álvarez (1º).
- Categoría Infantil. Grupo de 4º Ed. Infantil (3 anos).
Para visualizardes os tres vídeos premiados, accedede a través da seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1sODPgDsQPN76gXluuIdDbMQyl1bu287b/view?usp=sharing
- Ed. Secundaria: sen beneficiario.
- Ed. Primaria: Nora Rouco González (2º) e Iria Munín Caramés (5ºA)
- Ed. Infantil: Brais Otero Barral, 4º Ed. Infantil (3 anos).
Parabéns a tódolos premiados
MATRÍCULA /RESERVA CURSO 2021-22
O alumnado matriculado no presente curso lectivo en 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e en 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria NON SERÁ NECESARIO que presente o documento de confirmación de continuidade de matrícula para o curso 2021/2022. Este alumnado será matriculado por defecto para o curso 2021/2022 nas mesmas opcións de matrícula (Relixión /Valores) que o curso actual. Aquelas familias que desexen cambiar de opción de matrícula deberán comunicalo por correo electrónico cpi.antonio.orza.couto@edu.xunta.gal antes do 22 de xuño. PRAZO DE MATRÍCULA (para o alumnado novo e o que curse Secundaria no curso 2021/22): Para o alumando novo: Do 20 ao 30 de xuño. Para o alumnado de secundaria: do 25 de xuño ao 10 de xullo. PRAZO EXTRAORDINARIO DE MATRÍCULA (só para aqueles alumnos de Secundaria que non aproben todo en xuño): Do 1 ao 10 de setembro Teléfono de secretaría: 881 866 778 |
ADMISIÓN CURSO 2021/22
Todas as solicitudes de admisión para Educación infantil presentadas, foron ADMITIDAS. Prazo de matrícula para o alumnado novo (aquel que presentou solicitude de admisión): Do 21 ao 30 de xuño. |
CAMPAÑA DE CONSUMO DE FROITA FRESCA
O noso CPI é un dos centros adheridos á campaña de consumo de froita fresca financiada polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) e coa axuda económica da Unión Europea. Por mor da situación sanitaria, a diferenza doutros anos nos que se repartía no recreo da mañá, e para evitar na medida do posible a manipulación, a froita darase como sobremesa no xantar. Data do reparto: Semanas do 19 ao 30 de abril do 2021 |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- seguinte ›
- última »