O alumnado do 3º da ESO A e B realizou un traballo de intervención artística no espazo do Centro. O obxectivo das intervencións artísticas é interactuar cunha situación existente, no noso caso, o despacho de María, o aceso á biblioteca, a conserxería, a entrada da sala de plástica e do departamento de matemáticas, o corredor da primeira planta da ESO, o polideportivo e o comedor. A partir do estudo da figura humana e tendo como inspiración a obra de Julian Opie interpretaron o local escollido de maneira moi creativa.
Deixamos aquí unha mostra e convidamos toda a comunidade escolar a apreciar o resultado do proxecto.