Un ano máis o noso centro colabora coa campaña de recollida de roupa usada que Global Humanitaria, ONG de cooperación ao desenvolvemento, pon en marcha xunto con Mariola Solidaria, empresa que xestiona roupa e calzado usados, para conseguir investimento para o proxecto "Derecho a la educación" que a ONG leva a cabo na India.
Todo o alumnado levará a casa unha bolsa que deberán traer ao centro coa súa doazón voluntaria de roupa ou calzado usado, antes do 7 de marzo.