27.01.2020
Europe/Madrid
O Departamento de Francés do noso CPI organizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela o luns 27 de xaneiro. Esta actividade estivo dirixida ao alumnado de Francés de 2º, 3º e 4º de ESO, que tivo a oportunidade de asisitir á representación da obra titulada Quasimodo. Trátase dunha adaptación da clásica e universalmente coñecida novela Notre-Dame de Paris, escrita por Victor Hugo, cuxa posta en escena correu a cargo de BHM Producciones. |