Eventos
"Sexamos capaces de crear un mundo para tod@s" O Equipo de actividades complementarias e extraescolares quere sensibilizar ao alumnado do noso CPI para que entendan o papel fundamental que xoga cada individuo á hora de crear un mundo máis xusto e no que todas as persoas nos sintamos aceptadas, integradas e exista igualdade de oportunidades para tod@s. Para isto, o venres 3 de decembro leváronse a cabo as actividades que se recollen nesta ligazón.
|
O alumnado de 2º e 4º de ESO participou nas seguintes actividades organizadas polos departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais e que se levaron a cabo o 13 e o 15 de decembro: - Visita ao Pico Sacro co xeólogo Fran Canosa que, ademais, impartiu un obradoiro sobre minerais no noso centro. - Visita ás instalacións da canteira de Serrabal. |
O luns 13 de decembro o alumnado de 3º de ESO participou en "Hai saída grazas a ti", un encontro-debate sobre a abordaxe da violencia de xénero. Esta actividade vén proposta pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. |
O martes 21 de decembro o noso centro vístese de gala para despedir o primeiro trimestre deste ano académico e recibir o Nadal coa ledicia e ilusión que merece a ocasión. O noso alumnado participará en diversas actividades: - @s máis pequen@s recibirán unha visita moi especial dun dos personaxes emblemáticos destas festas e farán un ensaio da despedida do ano para ir quentando motores. - Os grupos de E.S.O. gozarán do xa tradicional "Concerto de alumn@s", organizado polo Departamento de Música. |