Eventos
|
O martes 22 de outubro o alumnado de 1º e 2º de ESO desprazouse ata Santiago de Compostela para participar no programa financiado pola Consellería de Educación "Coñece as túas institucións" visitando o Parlamento e a Xunta de Galicia. Actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. |
O alumnado de 1º de ESO estivo a participar nun taller sobre habilidades e competencias sociais. Esta actividade enmárcase no Plan de Acción Titorial do centro e levouse a cabo nas catro sesións de Titoría que se indican a continuación. Datas de celebración: 23 de outubro, 13 de novembro e 11 e 16 de decembro. Impartido por: Yolanda Neira (psicóloga do Concello de Boqueixón) |
- Equipo de dinamización da biblioteca "Xosé Neira Vilas" (CPIP Antonio Orza Couto) -
E velaquí tedes a creación do noso alumnado para que a poidades desfrutar:
|
O martes 5 de novembro o profesor de Xeografía e Historia, natural deste municipio, Severino Fernández Abel, impartiu unha charla ao alumnado de 3º e 4º de ESO sobre o Carlismo, co gallo da publicación do seu libro Unha matanza esquecida. Gastrar e Vigo (Boqueixón). Historia dun escarnio durante a primeira guerra Carlista. Nela o autor fai unha investigación a partir da transmisión oral do seus antepasados. Grazas Severino por ilustrar ao noso alumnado. Algún deles con antepasados familiares entre as víctimas. |
O día 12 de novembro o alumnado de 1º e 3º de ESO visitou os museos coruñeses: Aquarium Finisterrae, Domus e a Casa das Ciencias. Esta actividade estivo organizada polos Departamentos Didácticos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química. |