Eventos
O día 17 de outubro, o alumnado de 6º de Educación Primaria asistiu a un taller sobre Divulgación da industria forestal, co que se pretendeu levar ás aulas a importancia e as vantaxes da industria forestal e contribuír a unha concienciación do alumnado na percepción da industria forestal como unha industria estratéxica innovadora e moderna. Impartido por ASEFOGA. Proxecto financiado pola Axencia Galega da Industria Forestal e en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural (ÓDEGA) |
|
O martes 22 de outubro o alumnado de 1º e 2º de ESO desprazouse ata Santiago de Compostela para participar no programa financiado pola Consellería de Educación "Coñece as túas institucións" visitando o Parlamento e a Xunta de Galicia. Actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. |
O alumnado de 1º de ESO estivo a participar nun taller sobre habilidades e competencias sociais. Esta actividade enmárcase no Plan de Acción Titorial do centro e levouse a cabo nas catro sesións de Titoría que se indican a continuación. Datas de celebración: 23 de outubro, 13 de novembro e 11 e 16 de decembro. Impartido por: Yolanda Neira (psicóloga do Concello de Boqueixón) |
- Equipo de dinamización da biblioteca "Xosé Neira Vilas" (CPIP Antonio Orza Couto) -
E velaquí tedes a creación do noso alumnado para que a poidades desfrutar: