Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Abril 29, 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
29
all day
Imagen relacionada

ESPECTÁCULO: DANZA (É) CINE

Data: luns 29 de abril

Hora: 12:00

Lugar: Auditorio de Galicia

Alumando asistente: 3º e 4º de Primaria

Un espectáculo didáctico, no que participan 4 bailaríns / bailarinas e que propón que o alumnado participante explore as relacións expresivas e narrativas dos números de danza de distinta tipoloxía en filmes de distintas épocas.

30
all day

O noso alumnado de 2º de ESO e 4º de ESO (Música) participou nunha nova edición do Encontro de Alumn@s de Música de Secundaria de Galicia, organizado por ASOMÚSICA (Asociación de Profesorado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia).

Nesta ocasión o encontro, no que participaron 15 centros de toda Galicia, tivo lugar no auditorio Abanca de Santiago de Compostela, onde cada instituto interpretou un ou dous temas e participou en diversos obradoiros con temática musical.

Ademais, este ano o cartel que promocionou o evento foi deseñado polos alumnos de 4º de ESO Brais Fernández Copons e Alejandro García Bendaña, cuxa proposta foi seleccionada entre os traballos creados para a ocasión en Educación Plástica, baixo a supervisión da profesora Ana González.

1
all day
2
3
4
5
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013