A afamada autora Ledicia Costas, acudirá ao noso centro a falarlles da súa obra "As peripecias de Extravaganzza Pérez" ao alumnado de 5º e de 6º de Educación Primaria.
O autor do conto "O cociñeiro Martiño e as cenoiras desaparecidas", Iago López, ven a pasar o rato e a falar do seu libro co alumado de 1º e 2º de Educación Primaria.
O 27 de febreiro o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO realizou unha saída cultural a Santiago de Compostela.
En primeiro lugar visitaron o Museo do Pobo Galego, onde realizaron diferentes actividades, como un xogo de pistas sobre Antón Fraguas (homenaxeado no día das Letras Galegas 2019), ou o obradoiro "Ferramentas con voz".
A continuación, achegáronse á Cidade da Cultura para visitar a exposición "Castelao maxistral".