Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Febreiro 25, 2019
Martes Febreiro 26, 2019

A afamada autora Ledicia Costas, acudirá ao noso centro a falarlles da súa obra "As peripecias de Extravaganzza Pérez" ao alumnado de 5º e de 6º de Educación Primaria.

Desfrutade da experiencia rapaces!!!

O autor do conto "O cociñeiro Martiño e as cenoiras desaparecidas", Iago López, ven a pasar o rato e a falar do seu libro co alumado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Desfrutade da experiencia!!

Mércores Febreiro 27, 2019

 O 27 de febreiro o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO realizou unha saída cultural a Santiago de Compostela.

En primeiro lugar visitaron o Museo do Pobo Galego, onde realizaron diferentes actividades, como un xogo de pistas sobre Antón Fraguas (homenaxeado no día das Letras Galegas 2019), ou o obradoiro "Ferramentas con voz".

A continuación, achegáronse á Cidade da Cultura para visitar a exposición "Castelao maxistral".

Xoves Febreiro 28, 2019
Venres Marzo 01, 2019
Start: 01.03.2019 11:30

Luns Marzo 04, 2019
Start: 04.03.2019
Martes Marzo 05, 2019
Mércores Marzo 06, 2019
Start: 04.03.2019
End: 06.03.2019
Xoves Marzo 07, 2019
Venres Marzo 08, 2019
Luns Marzo 11, 2019
Martes Marzo 12, 2019
Resultado de imagen de la canción de Shao Li

A escritora Marisol Ortiz de Zárate veu ao noso centro para falar cos grupos de 1º e 2º de ESO, que están a traballar no seu libro titulado La canción de Shao Li.

Ao rematar a charla, tivo a amabilidade de asinar os exemplares do alumnado que desexou quedarse cun recordo personalizado da súa visita.

Mércores Marzo 13, 2019
O mércores 13 de marzo, o alumnado de 1º de ESO participou nunha charla informativa sobre o uso correcto de Internet e o emprego axeitado das redes sociais máis utilizadas polos adolescentes. Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.
O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu o mércores 13 de marzo á representación da obra de teatro The Canterville Ghost, todo un clásico de Oscar Wilde co que puideron exercitar a súa comprensión oral en inglés.

Unha vez rematada a función, tiveron a oportunidade de coñecer de preto o mundo da escalada practicándoa nun rocódromo.

Xoves Marzo 14, 2019
Venres Marzo 15, 2019
Luns Marzo 18, 2019
Martes Marzo 19, 2019
Mércores Marzo 20, 2019
Xoves Marzo 21, 2019
Venres Marzo 22, 2019

O venres 22 de marzo o alumnado de Infantil e Primaria asistiu a unha representación teatral que tivo lugar no salón de actos do noso centro, dirixida pola compañía  LUMINARIA TEATRO.

E-MOTION: dirixida ao alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria. 

TRAPPED: dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Luns Marzo 25, 2019
Martes Marzo 26, 2019
Mércores Marzo 27, 2019

O mércores 27 de marzo, o alumnado de 3º de ESO participou nun obradoiro de educación afectivo-sexual.

Esta actividade está recollida dentro do programa Quérote Máis, da Consellería de Política Social, co obxectivo de asesorar e informar á nosa xuventude sobre temas fundamentais para o seu desenvolvemento e crecemento persoal.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013