Eventos
O venres 15 de febreiro o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de participar nunha demostración de boccia; trátase dunha disciplina deseñada para persoas con disversidade funcional e aceptada como deporte paralímpico dende 1984. A Asociación Aixiña, de Ourense, foi a encargada de darlle a coñecer en profundidade ao noso alumnado este deporte adaptado. Velaquí tedes o artigo publicado en "La Voz de Galicia" o 17/02/2019. |
O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu o xoves 21 de febreiro, no Auditorio de Galicia, ao espectáculo "Pangea: A paisaxe sonora do noso planeta". A Real Filharmonía de Galicia e o multinstrumentista Abraham Cupeiro propuxéronnos unha viaxe ao redor do planeta a través da música que soa nas diferentes partes da Terra. |
A afamada autora Ledicia Costas, acudirá ao noso centro a falarlles da súa obra "As peripecias de Extravaganzza Pérez" ao alumnado de 5º e de 6º de Educación Primaria. Desfrutade da experiencia rapaces!!! |
O autor do conto "O cociñeiro Martiño e as cenoiras desaparecidas", Iago López, ven a pasar o rato e a falar do seu libro co alumado de 1º e 2º de Educación Primaria. Desfrutade da experiencia!! |
O 27 de febreiro o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO realizou unha saída cultural a Santiago de Compostela. En primeiro lugar visitaron o Museo do Pobo Galego, onde realizaron diferentes actividades, como un xogo de pistas sobre Antón Fraguas (homenaxeado no día das Letras Galegas 2019), ou o obradoiro "Ferramentas con voz". A continuación, achegáronse á Cidade da Cultura para visitar a exposición "Castelao maxistral". |
A escritora Marisol Ortiz de Zárate veu ao noso centro para falar cos grupos de 1º e 2º de ESO, que están a traballar no seu libro titulado La canción de Shao Li. Ao rematar a charla, tivo a amabilidade de asinar os exemplares do alumnado que desexou quedarse cun recordo personalizado da súa visita. |
O mércores 13 de marzo, o alumnado de 1º de ESO participou nunha charla informativa sobre o uso correcto de Internet e o emprego axeitado das redes sociais máis utilizadas polos adolescentes. Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos. |
O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu o mércores 13 de marzo á representación da obra de teatro The Canterville Ghost, todo un clásico de Oscar Wilde co que puideron exercitar a súa comprensión oral en inglés. Unha vez rematada a función, tiveron a oportunidade de coñecer de preto o mundo da escalada practicándoa nun rocódromo. |