Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Febreiro 08, 2019
Luns Febreiro 11, 2019

O alumnado de 1º e 2º de Educ. Primaria asistiu ao espectáculo GAIA no Teatro Principal de Santiago de Compostela

Unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual axúdannos a descubrir a intensidade, o poder e as belezas do noso planeta e dos seus tesouros naturais. 

Martes Febreiro 12, 2019
Mércores Febreiro 13, 2019
Xoves Febreiro 14, 2019
Venres Febreiro 15, 2019

O venres 15 de febreiro o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de participar nunha demostración de boccia; trátase dunha disciplina deseñada para persoas con disversidade funcional e aceptada como deporte paralímpico dende 1984.

A Asociación Aixiña, de Ourense, foi a encargada de darlle a coñecer en profundidade ao noso alumnado este deporte adaptado. 

Velaquí tedes o artigo publicado en "La Voz de Galicia" o 17/02/2019.

Luns Febreiro 18, 2019
Martes Febreiro 19, 2019
Mércores Febreiro 20, 2019
Xoves Febreiro 21, 2019

 O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu o xoves 21 de febreiro, no Auditorio de Galicia, ao espectáculo "Pangea: A paisaxe sonora do noso planeta".

A Real Filharmonía de Galicia e o multinstrumentista Abraham Cupeiro propuxéronnos unha viaxe ao redor do planeta a través da música que soa nas diferentes partes da Terra.

Venres Febreiro 22, 2019
Luns Febreiro 25, 2019
Martes Febreiro 26, 2019

A afamada autora Ledicia Costas, acudirá ao noso centro a falarlles da súa obra "As peripecias de Extravaganzza Pérez" ao alumnado de 5º e de 6º de Educación Primaria.

Desfrutade da experiencia rapaces!!!

O autor do conto "O cociñeiro Martiño e as cenoiras desaparecidas", Iago López, ven a pasar o rato e a falar do seu libro co alumado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Desfrutade da experiencia!!

Mércores Febreiro 27, 2019

 O 27 de febreiro o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO realizou unha saída cultural a Santiago de Compostela.

En primeiro lugar visitaron o Museo do Pobo Galego, onde realizaron diferentes actividades, como un xogo de pistas sobre Antón Fraguas (homenaxeado no día das Letras Galegas 2019), ou o obradoiro "Ferramentas con voz".

A continuación, achegáronse á Cidade da Cultura para visitar a exposición "Castelao maxistral".

Xoves Febreiro 28, 2019
Venres Marzo 01, 2019
Start: 01.03.2019 11:30

Luns Marzo 04, 2019
Start: 04.03.2019
Martes Marzo 05, 2019
Mércores Marzo 06, 2019
Start: 04.03.2019
End: 06.03.2019
Xoves Marzo 07, 2019
Venres Marzo 08, 2019
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013