Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Xaneiro 18, 2019
Luns Xaneiro 21, 2019

  O Departamento de Música do noso CPI organizou unha saída didáctica co alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO para asistir ao concerto do percusionista de música contemporánea Roberto Oliveira o luns 21 de xaneiro, en Santiago de Compostela.

"Elektronik Kontainer" é unha sorprendente proposta en formato de multipercusión, electrónica e arte audiovisual que seguramente non deixou indiferente aos asistentes a este espectáculo.     

Martes Xaneiro 22, 2019
Mércores Xaneiro 23, 2019
Xoves Xaneiro 24, 2019
Venres Xaneiro 25, 2019

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha saída didáctica o venres 25 de xaneiro ao Auditorio de Galicia (12:00h) para ver o espectáculo "De tradición", con Suso Vaamonde, onde coñeceron de primeira man multitude de instrumentos populares galegos e o seu funcionamento.

A desfrutar rapaces!!!

Luns Xaneiro 28, 2019

O Departamento de Francés do noso CPI organizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela o luns 28 de xaneiro. Esta actividade estivo dirixida a todo o alumnado de Francés de Educación Secundaria, que tivo a oportunidade de asisitir á representación da peza teatral Le petit malade imaginaire.

Tratábase dunha adaptación da clásica e universalmente coñecida comedia do autor Jean-Baptiste Poquelin, "Molière", cuxa posta en escena correu a cargo de BHM Producciones

Martes Xaneiro 29, 2019
Start: 29.01.2019 15:57

Mércores Xaneiro 30, 2019
Xoves Xaneiro 31, 2019
Martes Febreiro 05, 2019
Mércores Febreiro 06, 2019
Xoves Febreiro 07, 2019

O alumnado de Educ. Infantil asistiu a un espectáculo de danza titulado "Burbullas de papel" no auditorio da Fundación.

Este espectáculo en verbas combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga dende a imaxinación d@ nen@ para ir a un mundo fantástico. 

Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece a unha fada traste  que lle axudará a acadar o seu obxectivo: devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e danzar a todo o mundo. 

Venres Febreiro 08, 2019
Luns Febreiro 11, 2019

O alumnado de 1º e 2º de Educ. Primaria asistiu ao espectáculo GAIA no Teatro Principal de Santiago de Compostela

Unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual axúdannos a descubrir a intensidade, o poder e as belezas do noso planeta e dos seus tesouros naturais. 

Martes Febreiro 12, 2019
Mércores Febreiro 13, 2019
Xoves Febreiro 14, 2019
Venres Febreiro 15, 2019

O venres 15 de febreiro o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de participar nunha demostración de boccia; trátase dunha disciplina deseñada para persoas con disversidade funcional e aceptada como deporte paralímpico dende 1984.

A Asociación Aixiña, de Ourense, foi a encargada de darlle a coñecer en profundidade ao noso alumnado este deporte adaptado. 

Velaquí tedes o artigo publicado en "La Voz de Galicia" o 17/02/2019.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013