Eventos
O mércores 9 de xaneiro, o alumnado de 3º de ESO recibiu unha charla informativa sobre prevención do consumo de alcol e drogas, enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos. |
O alumnado de 2º de ESO estivo a participar nun taller sobre prevención do consumo de drogas. Esta actividade vén recollida no Plan de Acción Titorial do noso centro e levouse a cabo nas catro sesións de Titoría que se indican a continuación. Datas de celebración: 11, 18 e 25 de xaneiro e 1 de febreiro. Impartido por: Yolanda Neira (psicóloga do Concello de Boqueixón) |
O alumnado de 1º de ESO estivo a participar nun taller sobre habilidades e competencias sociais. Esta actividade enmárcase no Plan de Acción Titorial do centro e levouse a cabo nas catro sesións de Titoría que se indican a continuación. Datas de celebración: 16 e 23 de xaneiro e 6 e 13 de febreiro. Impartido por: Yolanda Neira (psicóloga do Concello de Boqueixón) |
O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu no día de hoxe á exposición ubicada na casa do Concello "Á violencia de xénero dille NON". Parémonos a reflexionar sobre o que está a acontecer. |
O alumnado de 1º e 2º ESO asistiu o xoves 17 de xaneiro á representación da obra de teatro "Be cool!", unha entretida comedia de enredo coa que puideron poñer en práctica a súa comprensión oral en inglés. En canto rematou a función, tiveron a oportunidade de exercitar a súa destreza na pista de patinaxe sobre xeo situada na Alameda de Santiago de Compostela. |
O Departamento de Música do noso CPI organizou unha saída didáctica co alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO para asistir ao concerto do percusionista de música contemporánea Roberto Oliveira o luns 21 de xaneiro, en Santiago de Compostela. "Elektronik Kontainer" é unha sorprendente proposta en formato de multipercusión, electrónica e arte audiovisual que seguramente non deixou indiferente aos asistentes a este espectáculo. |
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha saída didáctica o venres 25 de xaneiro ao Auditorio de Galicia (12:00h) para ver o espectáculo "De tradición", con Suso Vaamonde, onde coñeceron de primeira man multitude de instrumentos populares galegos e o seu funcionamento. A desfrutar rapaces!!! |
O Departamento de Francés do noso CPI organizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela o luns 28 de xaneiro. Esta actividade estivo dirixida a todo o alumnado de Francés de Educación Secundaria, que tivo a oportunidade de asisitir á representación da peza teatral Le petit malade imaginaire. Tratábase dunha adaptación da clásica e universalmente coñecida comedia do autor Jean-Baptiste Poquelin, "Molière", cuxa posta en escena correu a cargo de BHM Producciones. |