Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Decembro 29, 2018
Domingo Decembro 30, 2018
Luns Decembro 31, 2018
Martes Xaneiro 01, 2019
Mércores Xaneiro 02, 2019
Xoves Xaneiro 03, 2019
Venres Xaneiro 04, 2019
Sábado Xaneiro 05, 2019
Domingo Xaneiro 06, 2019
Luns Xaneiro 07, 2019
Start: 22.12.2018
End: 07.01.2019
Mércores Xaneiro 09, 2019

O mércores 9 de xaneiro, o alumnado de 3º de ESO recibiu unha charla informativa sobre prevención do consumo de alcol e drogas, enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.

Xoves Xaneiro 10, 2019
Venres Xaneiro 11, 2019

O alumnado de 2º de ESO estivo a participar nun taller sobre prevención do consumo de drogas. Esta actividade vén recollida no Plan de Acción Titorial do noso centro e levouse a cabo nas catro sesións de Titoría que se indican a continuación.

Datas de celebración: 11, 18 e 25 de xaneiro e 1 de febreiro.

Impartido por: Yolanda Neira (psicóloga do Concello de Boqueixón)

Luns Xaneiro 14, 2019
Martes Xaneiro 15, 2019
Mércores Xaneiro 16, 2019

O alumnado de 1º de ESO estivo a participar nun taller sobre habilidades e competencias sociais. Esta actividade enmárcase no Plan de Acción Titorial do centro e levouse a cabo nas catro sesións de Titoría que se indican a continuación.

Datas de celebración: 16 e 23 de xaneiro e 6 e 13 de febreiro.

Impartido por: Yolanda Neira (psicóloga do Concello de Boqueixón)

                                                                                      

O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu no día de hoxe á exposición ubicada na casa do Concello "Á violencia de xénero dille NON".

Parémonos a reflexionar sobre o que está a acontecer.

Xoves Xaneiro 17, 2019

 O alumnado de 1º e 2º ESO asistiu o xoves 17 de xaneiro á representación da obra de teatro "Be cool!", unha entretida comedia de enredo coa que puideron poñer en práctica a súa comprensión oral en inglés.

En canto rematou a función, tiveron a oportunidade de exercitar a súa destreza na pista de patinaxe sobre xeo situada na Alameda de Santiago de Compostela.

Venres Xaneiro 18, 2019
Luns Xaneiro 21, 2019

  O Departamento de Música do noso CPI organizou unha saída didáctica co alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO para asistir ao concerto do percusionista de música contemporánea Roberto Oliveira o luns 21 de xaneiro, en Santiago de Compostela.

"Elektronik Kontainer" é unha sorprendente proposta en formato de multipercusión, electrónica e arte audiovisual que seguramente non deixou indiferente aos asistentes a este espectáculo.     

Martes Xaneiro 22, 2019
Mércores Xaneiro 23, 2019
Xoves Xaneiro 24, 2019
Venres Xaneiro 25, 2019

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha saída didáctica o venres 25 de xaneiro ao Auditorio de Galicia (12:00h) para ver o espectáculo "De tradición", con Suso Vaamonde, onde coñeceron de primeira man multitude de instrumentos populares galegos e o seu funcionamento.

A desfrutar rapaces!!!

Luns Xaneiro 28, 2019

O Departamento de Francés do noso CPI organizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela o luns 28 de xaneiro. Esta actividade estivo dirixida a todo o alumnado de Francés de Educación Secundaria, que tivo a oportunidade de asisitir á representación da peza teatral Le petit malade imaginaire.

Tratábase dunha adaptación da clásica e universalmente coñecida comedia do autor Jean-Baptiste Poquelin, "Molière", cuxa posta en escena correu a cargo de BHM Producciones

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013