Eventos
O Departamento de Música do noso CPI organizou o xa tradicional Concerto de alumnos/-as, no que os grupos de ESO mostraron o traballo musical realizado ao longo do primeiro trimestre. Asistiu a esta actividade o alumnado do centro a partir de 3º de Educ. Primaria. Data: Venres 21 de decembro. Hora: 12.00h. Lugar: Salón de actos. Este concerto estivo aberto a todas as familias da nosa comunidade educativa que desexaron asistir. |
O mércores 9 de xaneiro, o alumnado de 3º de ESO recibiu unha charla informativa sobre prevención do consumo de alcol e drogas, enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos. |
O alumnado de 2º de ESO estivo a participar nun taller sobre prevención do consumo de drogas. Esta actividade vén recollida no Plan de Acción Titorial do noso centro e levouse a cabo nas catro sesións de Titoría que se indican a continuación. Datas de celebración: 11, 18 e 25 de xaneiro e 1 de febreiro. Impartido por: Yolanda Neira (psicóloga do Concello de Boqueixón) |
O alumnado de 1º de ESO estivo a participar nun taller sobre habilidades e competencias sociais. Esta actividade enmárcase no Plan de Acción Titorial do centro e levouse a cabo nas catro sesións de Titoría que se indican a continuación. Datas de celebración: 16 e 23 de xaneiro e 6 e 13 de febreiro. Impartido por: Yolanda Neira (psicóloga do Concello de Boqueixón) |
O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu no día de hoxe á exposición ubicada na casa do Concello "Á violencia de xénero dille NON". Parémonos a reflexionar sobre o que está a acontecer. |
O alumnado de 1º e 2º ESO asistiu o xoves 17 de xaneiro á representación da obra de teatro "Be cool!", unha entretida comedia de enredo coa que puideron poñer en práctica a súa comprensión oral en inglés. En canto rematou a función, tiveron a oportunidade de exercitar a súa destreza na pista de patinaxe sobre xeo situada na Alameda de Santiago de Compostela. |