5
| 6
| 7
all day
|
O mércores 7 de novembro celebramos no noso CPI o "Samagosto", festexando dúas das tradicións máis ancestrais da nosa terra: o Samaín e o Magosto.
Houbo castañada para todas e todos, túnel do terror e contacontos para os máis pequenos, relatos de medo para os maiores...
Foi unha xornada terriblemente divertida!!!
|
| 8
all day
|
O alumnado de 3º e 4º de ESO tivo a oportunidade de coñecer o parque eólico experimental Sotavento, o xoves 8 de novembro.
Coas explicacións que recibiron durante a visita, preténdese que o noso alumnado tome conciencia da repercusión das actividades humanas no medio, fomentando a reflexión dun uso responsable e eficiente dos recursos enerxéticos en particular e dos problemas ambientais en xeral.
|
| 9
| 10
| 11
|