Eventos
O mércores 7 de novembro celebramos no noso CPI o "Samagosto", festexando dúas das tradicións máis ancestrais da nosa terra: o Samaín e o Magosto. Houbo castañada para todas e todos, túnel do terror e contacontos para os máis pequenos, relatos de medo para os maiores... Foi unha xornada terriblemente divertida!!! |
O alumnado de 3º e 4º de ESO tivo a oportunidade de coñecer o parque eólico experimental Sotavento, o xoves 8 de novembro. Coas explicacións que recibiron durante a visita, preténdese que o noso alumnado tome conciencia da repercusión das actividades humanas no medio, fomentando a reflexión dun uso responsable e eficiente dos recursos enerxéticos en particular e dos problemas ambientais en xeral. |
O alumnado de 1º e 2º de Primaria asistiu o 27 de novembro de 2018 a unha obra teatral baseada no libro infantil de Carlos Casares que trata temas como a diversidade e a solidariedade a través do emprego de diversas técnicas de manipulación de bonecos mesturando traballo interpretativo, música e cancións. Esperamos que vos gustase, rapaces!!! |
O venres 30 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nun Pleno Infantil nos locais do Concello de Boqueixón co motivo do Día internacional da infancia promovido por UNICEF. |
|
O mércores 5 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de Educ. Primaria e 1º, 2º e 3º de ESO participou nunha charla informativa sobre acoso escolar, enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos. |