|
O xoves 25 de outubro, o alumnado de 3º e 4º de ESO dos CPI de Boqueixón, Touro e Vedra, participaron en talleres de Educación Viaria que pretenden concienciar, vivenciar e reforzar entre os máis novos as repercusións que poden ter as distraccións ao volante, o consumo de alcol e drogas, o exceso de velocidade, o uso do casco... e os comportamentos como peóns.
A actividade celebrouse nas dependencias do CPIP Antonio Orza Couto de Boqueixón, en colaboración cos centros educativos de Touro e Vedra e os concellos.
Velaquí un resumo dos diferentes talleres en imaxes:
|