Eventos
CHARLA INFORMATIVA: NAVEGA CON RUMBO MARTES 22 DE MAIO LUGAR: Salón de actos. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e o de 1º e 2º de ESO asistirán a unha charla impartida polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, enmarcada no Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo. Unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con tino pola rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de internet. |
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Infantil desfrutaron o pasado 25 de maio dunha saída didáctica polas rúas de Santiago Fixeron un percorrido pola cidade en tren turístico e remataron a xornada cunha visita guiada ao parque de bombeiros de Santiago Desfrutaron ao máximo!! |
|
|
||||||