Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Maio 7, 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
7
all day

O luns, 7 de maio, en Compostela, o alumnado de 3ºEP, 4ºEP, 6ºEP e 1ºESO representará ao noso centro na décimo oitava edición do "Correlingua".

Trátase dunha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma.

Actividade coordinada polo noso Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Departamento de Educación Física.

8
all day

O alumnado de 5º e de 6º de Educación primaria ten o privilexio de participar nun obradoiro de regueifas impartido por Alba María, destacada poeta e regueifeira que estudou  canto na Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque, e que en 2014  gañou o I Certame de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo. A partir de aí a súa vida artística dou un xiro xa que o premio consistía na gravación dun disco, "Ainda".

9
all day

A garda civil impartirá o mércores 9 de maio unha charla sobre o ACOSO ESCOLAR dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación primaria.

Hora: de 12:10 a 13:00

Lugar: salón de actos.

Organiza o Departamento de Orientación do centro.

STOP ACOSO ESCOLAR!!!

10
11
all day

CHARLA SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO

Dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e a toda a Secundaria

Hora: de 12:00 a 13:30

Impartida por MARILAR ALEIXANDRE

Organiza o Equipo de Dinamización da Biblioteca.

Actividade aberta ás familias.

12
13
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013