Skip to Content

SAMAÍN 2018. INFANTIL E PRIMARIA

Xa se poden ver as fotos das cabazas e vasoiras do Samaín 2018 en Infantil e Primaria.

Noraboa aos gañador@s e grazas a tod@s pola ampla participación.

 

 

Tamén na nosa  GALERÍA

ENTREGA DE NOTAS ESO. SETEMBRO 2018

Os boletíns de notas serán entregados o venres 7 de setembro ás 12:30 h.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2018-2019

REUNIÓN INFORMATIVA PROXECTO E-DIXGAL

No mes de setembro haberá unha reunión informativa coas familias dos cursos E-dixgal (5ºEP e 1ºESO) para explicarlles en que consiste o proxecto dixital.

O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA PARTICIPAR NO PROXECTO EDUCACIÓN DIXITAL(E-DIXGAL)

A Consellería de Educación ven de publicar a resolución provisional dos centros seleccionados para participar no proxecto Educación Dixital (E-dixgal) para o curso 2018-2019.

O noso centro foi un dos seleccionados, o cal suporá que nos cursos de 5º de Educación Primaria e 1º de ESO empregaranse os libros dixitais como material de referencia.  No caso de 5º, será en todas as materias do currículo, mentres que en 1º de ESO as materias nas que se empregará o libro dixital son: Educación Plástica, Inglés, Matemáticas, Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física e Valores Éticos.

Segundo o artigo 1 da ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso 2018-2019, o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-dixgal) no curso 18-19 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas na disposición adicional primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

 

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS DE TEXTO 18-19

REVISTA ESCOLAR ASUBÍOS Nº 55. CURSO 17-18

Xa temos aquí a versión dixital do Nº 55 da Revista Asubíos que resume parte do traballo levado a cabo no noso centro durante o curso 17/18.

 

 


ENTREGA DE NOTAS ESO. XUÑO 2018

A entrega de notas será o mércores 27 de xuño ás 12:00 h

CARREIRA DE ORIENTACIÓN. DEPARTAMENTO EDUCACIÓN FÍSICA. CURSO 17/18


 
TAMÉN ESTÁN AS FOTOS NA NOSA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut