Skip to Content

O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA PARTICIPAR NO PROXECTO EDUCACIÓN DIXITAL(E-DIXGAL)

A Consellería de Educación ven de publicar a resolución provisional dos centros seleccionados para participar no proxecto Educación Dixital (E-dixgal) para o curso 2018-2019.

O noso centro foi un dos seleccionados, o cal suporá que nos cursos de 5º de Educación Primaria e 1º de ESO empregaranse os libros dixitais como material de referencia.  No caso de 5º, será en todas as materias do currículo, mentres que en 1º de ESO as materias nas que se empregará o libro dixital son: Educación Plástica, Inglés, Matemáticas, Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física e Valores Éticos.

Segundo o artigo 1 da ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso 2018-2019, o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-dixgal) no curso 18-19 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas na disposición adicional primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

 



story | by Dr. Radut