Skip to Content

CHARLA INFORMATIVA EOI CARBALLO

 

 

ATELIER DE CUISINE "CROQUE MONSIEUR"

PPREMEDE PARA VER MÁIS FOTOS NA NOSA GALERÍA

 

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL CO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (A CORUÑA). CURSO 16-17

O martes 4 de abril o alumnado membro dos clubs de lectura do centro viviu unha nova xornada de convivio e intercambio co alumnado do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña. Nesta ocasión, o noso centro foi o anfitrión e despois do acto de benvida desprazámonos todo o grupo a Ponteceso para visitar a exposición interactiva ao redor do xogo popular do MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) e continuar a xornada festiva na praia de Valarés. Unha experiencia de irmandade ao redor do libro e a lectura para sempre repetir.

O PICHEL INAUGURA O SEU INVERNADOIRO

A semana pasada inagurouse o invernadoiro de Infantil e Primaria coa colaboración dun pai.

Premede aquí para ver un VÍDEO

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 17/18

CORISTRANCA VOLVE Á RADIO CUAC FM

Xa está dispoñíbel o enlace ao programa co que o equipo de radio da sección do club de lectura de 3º ESO volveu vibrar nas ondas na emisora de Radio CUAC FM o pasado martes 21 de febreiro.

Toda a información accesíbel en Coristranca, o blog do noso club de lectura.

Parabéns a Carla, Uxía, María e Laura!

 

SAÍDA A PONTEVEDRA

O xoves 2 de marzo o Departamento de Lingua e Literatura Galega programou unha saída para o alumnado de 4º ESO á cidade de Pontevedra para coñecer os vínculos históricos da cidade a través dun roteiro guiado, coa figura do escritor Castelao como eixo nuclear, e visitar os fondos do autor depositados no Museo Provincial de Pontevedra.

Acompañaron o alumnado as profesoras Susana López e Mercedes Queixas, do Departamento de Lingua e Literatura Galega, e mais Concepción Martínez, do Departamento de Xeografía e Historia.

VISITA Á EXPOSICIÓN DE XOSÉ COBAS NO KIOSCO ALFONSO, NA CORUÑA

O pasado venres 10 de febreiro o alumnado de 2º e 3º de ESO achegouse ao Kiosco Alfonso da Coruña para coñecer a exposición compiladora dos últimos 30 anos do traballo de ilustración desenvolvido por Xosé Cobas.

Acompañounos no percorrido o escritor Xabier P. Docampo, autor de moitos libros ilustrados pola creatividade de Xosé Cobas.

As profesoras Laura Fidalgo, Pilar Espido e Mercedes Queixas participaron nesta actividade coorganizada polo EDLG e mais o Departamento de Lingua Galega.

LA CHANDELEUR

O 2 de febreiro celebramos "LA CHANDELEUR", unha festa francesa con gran tradición. Comemos deliciosas crêpes e volteámolas, como manda a tradición, para ter moita sorte este ano. Estaban todas deliciosas. 

PREMIOS ÁS MÁIS RICAS E SABOROSAS: CRÊPES Nº 5 e Nº 6 , de Marta Calvo e Aroa Collazo de 2º ESO.

PREMIOS POR SORTEO Á PARTICIPACIÓN: Uxía Abelenda e Lucía Bermúdez de 1º ESO.

Máis fotos na nosa GALERÍA.

 

           

A tod@s...

merci beaucoup et à la prochaine!!

O CLUB DE LECTURA DE 3º ESO NO PROGRAMA DE RADIO " A FUME DE CAROZO"

O pasado martes 10 de xaneiro inauguramos co club de lectura do centro unha nova tempada de gravacións en directo do programa "A Fume de Carozo" na emisora de Radio Cuac FM na Coruña. No blog de Coristranca, a lectura con retranca pode accederse ao programa para a súa escoita íntegra. Parabéns a Uxía, Carla, Laura e María, membros do club de 3º ESO, polo seu gran traballo de guionización, locutación e coordinación desta súa estrea radiofónica!

Distribuir contido


by Dr. Radut