Skip to Content

X XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA

O sábado 17 de xuño unha delegación do club de lectura de secundaria "Coristranca, a lectura con retranca" participou en Compostela na celebración dunha intensa xornada de formación ao longo de todo o día, a X Xornada dos Clubs de Lectura.

Victoria e María, de 2º ESO, xunto con Carla, María e Uxía, de 3º ESO, participaron en diferentes actividades, acompañadas das profesoras Pilar Espido e Mercedes Queixas, que con certeza desenvolverán no vindeiro curso desde o club de lectura.

O noso club foi seleccionado pola asesoría de bibliotecas escolares, xunto a outros catro clubs galegos, para participar nun obradoiro de creación dun programa de libros audiovisual, dirixido por Óscar López.

Parabéns para o equipo de traballo previo -Carla, María e Uxía- e aplausos para a coordinadora, Carla, que defendeu as nosas propostas nun auditorio diante de máis de 1.200 persoas.

Unha síntese informativa e con imaxes podedes visualizala no noso blog e unha galería de imaxes moi completa está xa accesíbel no portal das bibliotecas escolares.

 

A ver se nos atopades!!!

 

VI EDICIÓN CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Xa temos @s gañadores da VI Edición do Concurso de Fotografía Matemática para o alumnado do noso centro. Podedes ver os nomes d@s gañadores premendo aquí.

Para ver as fotografías gañadoras premede na categoría correspondente:

3º ESO.

4º ESO.

ROTEIRO DAS REGUEIFAS.

Noraboa 

Noraboa aos gañadores e grazas a tod@s os participantes!!

 

 

REVISTA ESCOLAR ASUBÍOS Nº 54. CURSO 16-17

Xa temos aquí a versión dixital do Nº 54 da Revista Asubíos que resume parte do traballo levado a cabo no noso centro durante o curso 16/17

 

O CLUB CORISTRANCA VOLVE Á RADIO CUAC FM

O equipo de radio do club de lectura "Coristranca, a lectura con retranca" desprazouse este pasado martes 23 de maio á emisora de Radio CUAC FM na Coruña para emitir o que será o derradeiro programa deste curso escolar. Os nosos parabéns a Lucía, Patricia e María polo seu bo facer lector e radiofónico neste novo programa "A fume de carozo" en directo, que, en breve, desde o blog do club de lectura, poderá ser escoitado novamente.

 

INTERCAMBIO LECTOR CO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (A CORUÑA). CURSO 16-17

O pasado 4 de abril o club de lectura do noso centro participou nunha xornada de convivio amical e lector co do IES Otero Pedrayo da Coruña.

A recepción no centro, a visita interactiva ao MELGA de Ponteceso, o xantar e os xogos populares na praia de Valarés puxeron o ramo ao traballo en común desenvolvido ao longo do curso.

No blog do club de lectura, Coristranca, recóllense algunhas instantáneas dunha xornada inesquecíbel.

Un día en bici no Pichel

Este martes 25 de abril tivemos unha xornada especial na que a bici foi a protagonista. Despois de contar cunha sesión de destreza e habilidade impartida por membros do Club Ciclista de Carballo, recibimos a Alberto Andreu, un mestre que levou a cabo  proxecto Pon una bici en tu vida no que o Pichel colaborou estreitamente. Un día máis fomos noticia.

A caravana da saúde no noso centro

Este pasado martes 18 de abril recibimos a visita da caravana da saúde. Esta iniciativa está enmarcada nun gran proxecto no que participa Carrefour e conta coa colaboración de Ferran Adriá. O alumnado disfrutou da cociña elaborando saudables menús.

 

OBRADOIRO DE "O MITO DE PENÉLOPE" CON DORES TEMBRÁS. (Para alumnado de francés e latín)

PREMEDE PARA VER TODAS AS FOTOS NA NOSA GALERÍA

I CONCURSO INTERNACIONAL DE POSTRES

POSTRES GAÑADORES:

- Macarons con flores - 4º ESO (Miriam Ares e Lucía Canosa)

- Vasitos de nata e crema - 4º ESO (Ylenia Calvo e Cristina Pallas)

- Lemon Cupcakes - 4º ESO (Samantha Torres, Marta Fernández e Andrea Pena)

- Tiramisú - Nuria Abelenda (Premio ao postre e á receta)

PREMIOS LINGÜÍSTICOS (explicación oral da receta)

2º ciclo:

-Carla Adriana castro Cuns (postre con Uxía Cancela)

- Aarón Martínez Pérez (postre con Nuria Pensado)

1º ciclo:

- Sara Álvarez Vilanova

- María Blanco

PREMIO PARTICIPACIÓN:

- Braian Abelenda e José Ramón Fariña

 

 

 

 

PREMEDE AQUÍ PARA VER TODOS OS POSTRES. 

Distribuir contido


by Dr. Radut