Skip to Content

CORISTRANCA VOLVE Á RADIO CUAC FM

O pasado 14 de maio o noso club, representado desta volta polas compañeiras Lucía e María, de 3º ESO, participou na emisión dun novo programa "A fume de carozo".

Desde este enlace podedes acceder novamente ao programa. Agardamos que vos guste tanto como nos gustou a nós guionizalo e locutalo!

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

Álbum: SECUNDARIA 18/19 -> PROGRAMA RADIO " A FUME DE CAROZO"

XI FESTIVAL DE LA FRANCOPHONIE

O pasado martes 7 de maio o alumnado de Francés participou no "XI Festival de la Francophonie" que tivo lugar, un ano máis, en Vilanova de Arousa. Os nosos alumnos e alumnas interpretaron 4 cancións francófonas (Vois sur ton chemin, Ella elle l'a, En feu e Chocolat), e presenciaron as actuacións doutros 17 centros nun encontro que reuniu a máis de 1.500 alumnos e alumnas de toda Galicia.

Podedes ver a totalidade das actuacións premendo aquí.

Parabéns, rapaces!!!

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

Álbum: SECUNDARIA 18/19 -> FRANCOPHONIE

O ALUMNADO DE 3º E 4º ED. PRIMARIA VISITA O AEROPORTO DE A CORUÑA

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria foi ao aeroporto de A Coruña o pasado 26 de abril, visitando as súas dependencias, aos bombeiros e Garda Civil e os falcóns.

Pasámolo xenial!!!!

 

 

SEMANA CULTURAL 2019. ED INFANTIL E PRIMARIA.

No seguinte vídeo pódese ver unha mostra da celebración da Semana Cultural en Ed. Infantil e Primaria.

PINTAMOS UN MURAL NO PATIO (Semana Cultural 2019)

Durante a Semana Cultural os alumnos de ESO pintamos un mural cos debuxiños dos alumnos de Infantil. Foi unha experiencia moi divertida e, sobre todo, vendo as facianas cos ollos moi abertos dos cativiños ó recoñecer na parede os seus debuxos.

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

 

Álbum: SECUNDARIA 18/19 -> MURAL NO PATIO. (Semana Cultural 2019)

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS.

Desde o día 1 ata o 12 de abril, distribuirase froita nos recreos entre o alumnado que o desexe, xa que o noso centro participa unha vez máis, na campaña promovida polo Fondo galego de Garantía Agraria (FOGGA), "Plan de consumo de froita nas escolas"

CARREIRA DE ORIENTACIÓN / MULLERES PIONEIRAS. (Semana Cultural 2019).

Durante a segunda avaliación os alumnos de 1º ESO elaboraron o material necesario para montar unha carreira de orientación ao redor de dez mulleres pioneiras no ámbito das artes e as ciencias. Cun percorrido marcado no mapa, o xogo consistiu en atopar dez balizas asociadas a dez perfiles femininos cuxa identidade había que pescudar: entre elas Ada Lovelace, Artemisa Gentileschi ou Clara Campoamor. A carreira foi todo un éxito, resultando gañadores o grupo formado por Claudia, Alexandra e Rodrigo de 1º ESO A e dous equipos de 2º ESO B: Luisma, Kevin, Cristina e Christian e Braian, Ana, Marcos e Ivan.

Parabén, mozos!!! Fixéstelo fenomenal!!!

TAMÉN PODEDES VER AS FOTOS NA NOSA GALERÍA.

VISITA Á CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN E Á RAG

O mércores 27 de marzo o Departamento de Lengua Castellana y Literatura levou a cabo a visita á Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, xunto coa sede da RAG. Os alumnos de 3º e 4º da ESO poideron desfrutar das valiosas explicacións dos guías quenes, baixo a dirección de Xulia, nos ofreceron unha visión máis próxima da autora galega. Para rematar fixemos un percorrido pola cidade vella da Coruña, con tempo libre para degustar uns xeados.

 

Premede na foto para ver o álbum con efecto lightbox

Álbum: SECUNDARIA 18/19 -> CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN E RAG (Semana Cultural 2019)

TALLER DE BANDA DESEÑADA. SEMANA CULTURAL 2019

O martes 26 tivemos a honra de recibir ao ilustrador galego Xosé Tomás, quen impartiu no noso centro un taller sobre banda deseñada. Ao longo de dúas horas os alumnos de Primeiro Ciclo fixeron un breve percorrido pola súa historia e iniciáronse no emprego dalgunhas das súas técnicas (elipse, bocadillos, viñetas...)

Premede no foto para ver o álbum con efecto lightbox.

 

Álbum: SECUNDARIA 18/19 -> TALLER DE BANDA DESEÑADA (Semana Cultural 2019)

TALLER DE COCIÑA SAUDABLE. SEMANA CULTURAL 2019.

No taller de Cociña Saudable / Cuisine Santé, os rapaces e rapazas do CPI Alcalde Xosé Pichel elaboraron crêpes 100% integrais, recheas de humus, guacamole, noces, tomate, rúcula e queixo. Para a versión máis doce, contaban, como non, con mazá relada e sirope de arce. Voilà!!!

Premede na foto para ver o álbum con efecto lightbox

Álbum: SECUNDARIA 18/19 -> TALLER DE COCIÑA SAUDABLE/CUISINE SANTÉ. (Semana Cultural 2019)
Distribuir contido


by Dr. Radut