Skip to Content

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

Esta é a información que colgou a consellerÍa de educación sobre este virus. O centro está a seguir todas as recomendacións da consellería de educación e sanidade. Pregamos ás familias que sigan a recomendacións das autoridades. 

 

CONVERSAS CON LEDICIA COSTAS

O próximo 1 de abril, coincidindo coa celebración da Semana Cultural do centro, estará connosco a escritora Ledicia Costas.

Unha primeira charla-coloquio  xirará arredor da  obra Recinto gris,  lida por todo o alumnado de 1º ESO.

Nunha segunda quenda o encontro será co alumnado do Club  de lectura de 2º, 3º e 4º ESO arredor dunha das últimas publicacións da escritora: Infamia.

 

Todo un pracer tela entre nós !!!

 

CARTEL EN PDF

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 20-21

NORMATIVA E CALENDARIO

O período de presentación de solicitudes de admisión nos centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/21 será do 1 ao 20 de marzo. (Debido a que no noso centro o día 20 de marzo non é lectivo, este prazo prorrogarase ata o día 23 de marzo para aquelas solicitudes presentadas presencialmente no centro).

 

As listaxes provisionais e definitivas de admisión estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro.

EMPEZAMOS COS PATIOS DINÁMICOS.

Este pasado xoves estreamos os xogos dos patios dinámicos. Empezaremos os venres a animar o patio para que tod@s participemos.

A pasalo ben!!!

DÍA DA PAZ 2019.

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz cun pequeno festival no que conmemoramos ese día.

CELEBRACIÓN DO NADAL EN SECUNDARIA

No seguinte vídeo podedes ver unha mostra da celebración do Nadal en ESO. Realizáronse diferentes actividades e concursos, como o festival de panxoliñas, decoración do centro, concurso de postais de Nadal, obradoiro de Scrapbooking, degustación de chocolate e larpeira ....

 

GAÑADOR@S CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL (Organizado polo Equipo de Normalización Lingüística)

1º CICLO

Anxo Andrade (1º ESO A)

Sergio Villar (2º ESO B)

Alexandra Couto (2º ESO B)                                                           Parabéns!!!!!

2º CICLO

Lucía Bermúdez (4º ESO A)

Valeria García (4º ESO A)

 

TAMÉN PODEDES VER AS FOTOS NA NOSA GALERÍA.

 

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS

Desde o día 13 ao 24 de xaneiro, distribuirase froita nos recreos entre o alumnado que o desexe, xa que o noso centro participa unha vez máis, na campaña promovida polo Fondo galego de Garantía Agraria (FOGGA), "Plan de consumo de froita nas escolas"

 

VÍDEO MEDIACIÓN

Este vídeo está realizado polo alumnado e profesorado do noso centro para a promoción da Mediación de conflitos no ámbito escolar.

SAMAÍN 2019. INFANTIL E PRIMARIA

PREMIADOS CONCURSOS SAMAÍN 2019

  • CONCURSO CABAZAS.

- Alexandra Couto Ares (2º ESO B)

- Sergio Villar Amarelle (2º ESO B)

  • CONCURSO "PORTAS QUE METEN MEDO"

- Annabelle (1º ESO A)

- A clase de papel (3º ESO A)

  • CONCURSO RELATOS DE TERROR.

- Virginia Porteiro Bértoa (2º ESO A) Premede aquí  para ler o relato.

- Lía Ji Mata Lema (4º ESO A) Premede aquí para ler o relato.

  • CONCURSO MICRORRELATOS DE TERROR.

- Álex Ares García (1º ESO B) Premede aquí para ler o microrrelato.

- Nuria Antelo Facal (3º ESO A) Premede aquí para ler o microrrelato.

 

PARABÉNS A TOD@S!!!!

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

 

Álbum: SECUNDARIA 19/20 -> PREMIOS SAMAÍN 2019
Distribuir contido


by Dr. Radut