Skip to Content

SAMAÍN E MAGOSTO EN SECUNDARIA 2019

O pasado 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín no noso centro.

Ademais da tradicional degustación de castañas e dos xogos populares, o Equipo de Normalización Lingüḯstica convocou diferentes concursos que podedes ver no seguinte enlace e diversas actividades (premede aquí)

O equipo da Biblioteca tamén organizou un Show Cooking.

PORTAS TERRORÍFICAS GAÑADORAS: 1º ESO A (Annabelle) e 3º ESO A (A clase de papel)

GAÑADORES CONCURSO DE CABAZAS: Alexandra Couto e Sergio Villar de 2º ESO B

Podedes ver unha mostra no seguinte video.

   

 

LIBROS DE TEXTO 2019-2020

SAÍDA FIN DE CURSO. 3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA.

No seguinte vídeo podedes ver ao noso alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria gozando da saída de final do curso, en “Urban Planet Jump” en Oleiros e no parque de Eirís (A Coruña).

REVISTA ESCOLAR ASUBÍOS. CURSO 18-19

Xa temos aquí a versión dixital do Nº 56 da Revista Asubíos que resume parte do traballo levado a cabo no noso centro durante o curso 18/19.

 


1º PREMIO DE COOPERATIVISMO NO ENSINO

Hoxe recibimos o 1º Premio de Cooperativismo no ensino polo proxecto de Merendas saudables levado a cabo pola nosa compañeira Lorena Lamas de 5º de E.I.

Parabéns!!!!

CERTAME "COOPERATIVISMO NO ENSINO. 2019"

O noso centro ven de obter o premio ao mellor traballo no certame "Cooperativismo no Ensino. 2019" na modalidade de actividades artísticas, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial na Categoría A. O nome do traballo é "Merendas saudables" e foi presentado pola nosa compañeira, titora de 5º Ed. Infantil, Lorena Lamas Sánchez.

Pódese ver neste enlace a RELACIÓN DE TRABALLOS PREMIADOS.

IV ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA ASUNCIÓN ANTELO.

Este pasado venres celebramos o IV Aniversario da nosa Biblioteca Asunción Antelo. Tivemos varias actividades como o contacontos de Celtia Figueiras, un recitado de poemas de Asunción Antelo e pechamos a xornada cun concerto de Paco Nogueiras.

 

Ademais algúns dos nosos alumnos representaron varias pezas musicais da man do noso profe  de Música, Miguel.

 

 

 

CORISTRANCA VOLVE Á RADIO CUAC FM

O pasado 14 de maio o noso club, representado desta volta polas compañeiras Lucía e María, de 3º ESO, participou na emisión dun novo programa "A fume de carozo".

Desde este enlace podedes acceder novamente ao programa. Agardamos que vos guste tanto como nos gustou a nós guionizalo e locutalo!

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

Álbum: SECUNDARIA 18/19 -> PROGRAMA RADIO " A FUME DE CAROZO"
Distribuir contido


by Dr. Radut