Skip to Content

"ESPERANZA" de Alexis Valdés.

Unha das mellores terapias para estes días é a lectura, sobre todo de poesía, o mellor bálsamo emocional. Carme Tomé, a nosa alumna de 2º ESO B, elaborou un videopoema partindo duns versos que se fixeron virales ao longo destas semanas. Deixámosvos na compaña da súa voz.

 

 

EDUCACIÓN RESPONSABLE: FUNDACIÓN BOTÍN.

Como ben sabedes, durante este curso estamos inmersos no proxecto de Educación Responsable da Fundación Botín. Desde a mesma aconséllannos levar a cabo, botando man do "Banco de Ferramentas", as seguintes actividades para que a estadía na casa sexa máis levadeira.

PREMEDE NO ENLACE

VÍDEO DO PROFESORADO PARA ANIMAR NA CORENTENA.

Dedicamos este vídeo a toda a comunidade educativa, especialmente ao noso alumnado, que tanto botamos de menos e que o está a facer moi ben.

PRONTO VOLVEREMOS A ESTAR TODOS XUNTOS.

INDICACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE

De acordo coas instrucións recibidas, o vindeiro 3 de abril teredes a vosa disposición as notas da 2ª avaliación. Reflectirán o traballo realizado e os contidos adquiridos ata a suspensión das clases presenciais o venres 13 de marzo. Os equipos docentes e os departamentos determinarán e comunicarán os posibles cambios nos criterios de cualificación, no caso de que así fose.

Debido o estado de alarma no que estamos, non podemos entregar os boletíns de cualificación de maneira presencial. Poderedes ter acceso as notas a través da aplicación abalarmóbil. Aquelas familias que aínda non a teñan descargada deben seguir as instrucións pinchando aquí.

A dirección.

ORGANIZACIÓN DE TAREFAS DO ALUMNADO DURANTE O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS CLASES

 

Premendo no curso correspondente, podedes acceder ao arquivo onde se vos especifican, os espazos de traballo, a periodicidade para a realización das tarefas e o método para contactar co profesorado.

                

ORIENTACIÓNS PT E AL COVID-19

 

PREMEDE NA FOTO PARA ACCEDER ÁS ORIENTACIÓNS.

AMPLIACIÓN DO PRAZO DO PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará unha semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

SISTEMA DE COMUNICACIÓN CO CENTRO DURANTE O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS CLASES.

Durante estes días debedes estar atentos a  páxina web do centro e á páxina da consellería de educación http://www.edu.xunta.gal/portal/ donde podedes consultar as medidas e instrucións en relación co COVID 19.

Para poñervos en contacto co equipo directivo podedes comunicarvos a través do correo electrónico do centro que é :  cpi.alcalde.pichel@edu.xunta.es.

A comunicación co profesorado será a través de abalarmóbil ou das canles que eles establezan.

Distribuir contido


by Dr. Radut